PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022
O PRAZO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO NO CURSO 2021/2022 É:
DO 1 AO 22 DE MARZO
INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTENIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2021/2022
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EP
- Este luns, día 30 de novembro, publicarase a listaxe provisional de solicitudes admitidas no procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria no taboleiro de anuncios situado na secretaría do centro.
- En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro o día 1 e 2 de decembro.
- Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva o d
PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Iníciase a tramitación da participación no procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado segundo a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
PLAN DE ENSINO VIRTUAL ANTE A COVID
Presentamos o Plan de Ensino Virtual ante a Covid que elaborou o centro para garantir a continuidade do proceso educativo de xeito non presencial, de acordo coas instrucións recibidas e <
PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2020-2021
A continuación, presentamos as Programacións de nivel para o curso 2020-2021 se a evolución da pandemia permite un desenvolvemento adecuado. En todas as programacións se reflicte un punto con certas consideracións a ter presentes de poñerse en marcha o Plan de Continxencia ante un abrocho, e ter que desenvolverse unha modalidade de educación non presencial.
DECLARACIÓN RESPONSABLE
Estimadas familias,
Para garantir a saúde e seguridade de toda a nosa comunidade educativa é imprescindible, máis ca nunca, a estreita colaboración familia-escola.
Todos os días deberedes realizar a enquisa de autoavaliación e de ter algún dos síntomas que se recollen nela non se debe enviar á nena ou ao neno ao centro.
INFORMACIÓN: BECAS PARA O ALUMNADO CON NEAE
Aberto o prazo para solicitude de becas para alumnado con neae ata o 30 de setembro. Pode consultarse a convocatoria e requirimentos necesarios en: http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html#ds1
PLAN DE CONTINXENCIA DO CEIP VILAVERDE- MOURENTE
Enviado por admin o Dom, 08/30/2020 - 23:59A continuación presentamos o Plan de continxencia do CEIP Vilaverde á covid, no que se reflicten as actuacións e procesos que se levarían a cabo de xurdir algún abrocho ata o reinicio da actividade académica presencial ( Anexo IX do Plan de adaptación á situación Covid). Este documento foi revisado e novamente publicado coas útimas modificacións.
PLAN DE ACOLLIDA DO CEIP VILAVERDE PARA O CURSO 2020-2021
Enviado por admin o Dom, 08/30/2020 - 23:55A continuación, presentamos o Plan de acollida do CEIP Vilaverde para o curso 2020-2021 (Anexo VIII do Plan de adaptación á situación Covid)no que se reflicten medidas organizativas e pedagóxicas coa fin de garantir a seguridade e previr riscos na nosa comunidade educativa. Este documento foi sometido a revisión, novamente publicado coas útimas modificacións.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »