Iniciar sesión: Acceso

PLAN DE CONTINXENCIA DO CEIP VILAVERDE- MOURENTE 21-22

A continuación presentamos o Plan de continxencia do CEIP Vilaverde á covid para o curso 2021-2022, no que se reflicten as actuacións e procesos que se levarían a cabo de xurdir algún abrocho ata o reinicio da actividade académica presencial ( Anexo X do Plan de adaptación á situación Covid). Este documento foi revisado e novamente publicado coas útimas modificacións.

RECOLLIDA DE CHEQUES DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Poderán recollerse do 20 ao 30 de xullo en horario de 09:00 a 13:30 h. na secretaría do centro.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O ALUMNADO ADMITIDO EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2021-2022

Para a formalización da matrícula as familias deben presentar a seguinte documentación do 20 ao 30 de xuño, na secretaría do centro, en horario de 9:00 a 14 horas de luns a venres e de 16:00 a 17:00 horas os martes:

 Impreso de formalización de matrícula. (Anexo III-1 da orde do 12 de marzo de 2013).

 4 fotografías tamaño carné da nena ou neno.

Cuestionario sobre a lingua materna para as familias.

FOLLA DE ACTUALIZACIÓN DE DATOS DO ALUMNADO

No seguinte adxunto poden descargar a folla de actualización de datos do alumnado aquelas familias que rexistren:

Cambio de domicilio ou teléfono.

Cambio de materia: relixión, VCS ou relixión evanxélica.

Cambios nos  servizos complemetarios de comedor ou  transporte xustificados.

 Grazas pola vosa colaboración.

 Un saúdo.

PRAZOS E PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

Segundo a ORDE de 6 de maio de 2021, os prazos previstos para a tramitación dos procedementos para a participación na convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinados ó alumnado matriculado en educación primaria, son os seguintes:

Presentación de solicitudes:  21 de maio ao 22 de xuño.

Listaxe provisional admitidos/excluidos:  09 de xullo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2021-2022

O ALUMNADO DE 1º, 2º ,3º E 4º DE E.P. NON UTILIZARÁ LIBROS DE TEXTO O VINDEIRO CURSO 2021-2022, POLO TANTO, NON HAI QUE SOLICITAR A AXUDA FONDOLIBROS.

 5º E 6º DE EP PARTICIPAN NO PROGRAMA EDIXGAL, POLO TANTO, UTILIZARÁN ORDENADORES E LIBRO DIXITAL.

Axudas para adquirir material escolar: para o alumnado matriculado en toda educación primaria.

 Quen as solicita: Nai / pai ou titor/a legal do escolar.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022

EN 2º Educación Primaria , EN 1º Educación Primaria E EN 6º DE Educación Infantil , NON HOUBO QUE BAREMAR, ESTÁN TODOS ADMITIDOS

Distribuir contido