LETRAS GALEGAS 2014
O venres 16, Magín Blanco e o seu grupo actuaron no colexio acompañados polo alumnado e a profesora de Música.
Para máis información consulte os blogs.
18/05/2014
XX CROSS CEIP VILAVERDE
O sábado 10 celebramos o XX Cross coa asistencia de 340 participantes, moitos do noso colexio pero tamén do CEIP de Marcón, CEIP Vidal Portela, CEIP Carballeira, CEIP Campolongo e CEIP de Lérez. Nenos, nenas, exalumnos, nais e pais participaron nas carreiras que comezaron ás 10.35 nun ambiente festivo.
A ANPA e o profesorado damos as grazas a todas as persoas que se achegaron ao colexio para participar e ver as probas.
VISITA AO SALGUEIRAL
Onte e hoxe o alumnado de 3º visitou O Salgueiral. As nenas e os nenos foron recibidos por veciños que lles explicaron como transcorre a vida no campo. Coñeceron ferramentas, visitaron as cortes dos animais, percorreron as leiras...
Volveron felices e agradecidos polo trato e a atención recibidos.
08/05/2014
Horario de Secretaría
Segundo o Protocolo de actuación á situación provocada polo Covid-19:
As xestións administrativas realizaranse preferentemente través do correo electrónico do centro:
ceip.vilaverde.mourente@edu.xunta.es
No caso de que sexa preciso realizar as xestión no centro. Os horarios de acceso non poderán coincidir con entradas e saídas do alumnado nin cos recreos por motivos de prevención.
Establécese, polo tanto, horario de 9,30h a 11,30h e de 12,20h a 13:00h.
Marcos Calveiro
O escritor Marcos Calveiro visitou hoxe o noso colexio. Na biblioteca falou do seu libro "O carteiro de Bagdad", contestou as preguntas do alumnado de 5º e asinou libros.
08/05/2014
XX CROSS ESCOLAR CEIP VILAVERDE
O sábado 10 de maio ás 10.30 da mañá comezarán as carreiras. As persoas que desexen participar e non se inscribiran previamente, poderán facelo nese momento.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
A continuación presentamos a PXA para o curso 2023-2024. Este é un documento de planificación académica que o centro elaborará ao comezo de cada curso escolar, para concretar as actuacións derivadas do proxecto educativo.
Pódese consultar no adxunto.
PROTOCOLO E NORMAS DO PROXECTO EDIXGAL 5º E 6º EP
Accede ao documento a través do seguinte enlace:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- seguinte ›
- última »