Skip to Content

Ed. física

Samaín bailarín:)

Chegou o ansiado SAMAÍN e a través do Proxecto Deportivo de Centro preparamos con moita ilusión unhas coreografías de baile terroríficas coas que o alumnado dos diferentes cursos demostrou, unha vez máis, que o baile e o movemento seguen a ser esenciais. Arriba o deporte!!.

A continuación, deixamos unha pequena mostra das coreografías realizadas polos diferentes cursos para celebrar o “Samaín bailarín”.

Non hai maior diversión,

que ver aos nenos e nenas en acción!.

 

-Educación infantil (Canción: El baile de los esqueletos, cantoalegre. Cantar y jugar).

-Educación Primaria: 1º,2º,3º (El baile de los esqueletos)

 

 

 

- Educación Primaria: 4º,5º,6º. Canción Thriller ( Michael Jackson)

 

 

 

Acrosport en Familia

PARTICIPAMOS NO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA - 28 abril de 2020

O día da Educación Física na calle para este 2020 cambia a calle polas nosas casas!!

Adaptando tamén a Educación Física durante estes días de confinamento, o noso centro participa neste proxecto #DEFC2020 EN CASA, promovido polo "Consejo General de la Educación Física y Deportiva (COLEF)"

Durante o confinamento estase a ver que é moi importante a Educación Fisica para o mantemento do benestar físico, mental e social das persoas. Por iso, a mestra de Educación Física do centro preparouvos este reto de ACROSPORT para levar a cabo nas nosas casas.

 

Adxuntámosvos a proposta elaborada pola mestra de Educación Física a continuación (facede click aquí abaixo ou onde pon 1 adxunto):

PROPOSTAS EDUCACIÓN FÍSICA 28 de abril 2020

Semana europea do deporte 2019-2020

Ao longo desta semana estivemos dinamizando o centro con unha morea de actividades físicas. Cada día o alumnado non sabía con que se ía atopar, sendo unha sorpresa dende primeira hora, na que cada día elaboramos unha xincana diferente coordiandos pola mestra de Ed. Física. Nos recreos realizaronse moreas de xogos diferentes ao longo desta semana. O último día pechouse con coreografías, xogos co paracaídas, xogos de destreza con paus de hockey, de puntería e moito máis! FAGAMOS DEPORTE!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut