Skip to Content

TES ALGÚN PROBLEMA QUE NOTIFICAR?

Sabes como actuar canto tes un problema ou inquedanza relacionado coa escola?

No noso Plan de Convivencia, á disposición da comunidade educativa no centro, recolle como debemos actuar se temos un problema, unha dúbida, información que debamos coñecer sobre o alumno/a, unha queixa...

Agardamos que está información vós sexa útil e que, dado que somos un centro pequeno, poidamos arranxar as cousas dun xeito cercano e humano sempre. Saltar os pasos non consegue nada máis que a ruptura da convivencia, crear lentitude ou problemas para o centro e, probablemente, divisións onde non debe habelas.

 

Os pasos son os seguintes:

1º Paso- Falar coa titora ou titor do teu fillo ou filla. Se quixeras falar con un especialista (Inglés, Música,Educación Física...fala coa titora ou titor e concertaráse unha cita en horario de titorias).

Se logo desta reunións non hai unha solución que consideres favorable ou precisas máis información, pasamos ao...

2º Paso- Falar coa dirección do centro. Ao tratarse dun centro de 3 unidades soamente existe a figura de directora no centro polo que é a onde se debe acudir se non conseguimos solucións. Tras enterarse de cal é o problema, quizaís sexa preciso solucionar esas dúbidas ou inquedanzas por outras vías, xa que temos contacto con Inspección, o Concello, Departamento de Persoal da Xunta... Buscaremos, dentro do centro, solucionar dúbidas, inquedanzas, problemáticas na convivencia.

Sempre, ademais, podedes facer unha solicitude formal ou queixa e presentala por rexistro na secretaría do centro.

Se, unha vez realizado este paso, considerades que dende o centro non se atopou unha solución, pasaredes ao...

3º Paso- Contactar con Inspección Educativa e os órganos superiores de Educación. Este paso é xa cando vedes que os pasos 1º e 2º non solucionaron as vosas dúbidas ou solicitudes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut