Skip to Content

Información xeral e Novas

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo

Tendo en conta que os centros educativos non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán as mesmas que a poboación xeral en canto á identificación e manexo de contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral serán opropios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

Enlace á comunicación na web da Consellería: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36419

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL - COVID19

Achéganse as datas do Nadal e todas e todos temos moitas ganas delas pero debemos continuar a ser precavidas e precavidos. Achegámosvos as recomendacións realizadas pola Xunta de Galicia para que estas festas, ademais de ser preciosas e agarimosas como o son sempre, tamén sexan seguras.

Preme na imaxe para descargala ou vela máis aumentada

MEDIDAS DE PREVENCIÓN BÁSICA

Volta á rúa das nosas nenas e nenos!

A partir do día 26 de abril as nosas nenas e nenos poden voltar á rúa. Pero esta volta debe ser feita con moito sentido e moita prudencia, e os adultos somos os que debemos poñer ese grao de sensatez nestes momentos.

Deixámosvos unhas recomendacións oficiais por se son de axuda para poder desfrutar todas e todos de forma segura deste gran pequeno paso cara a normalidade!

Preme na imaxe para acceder á "Guía de boas prácticas nas saídas infantís durante o estado de alarma" ou podes ver o seguinte video onde tamén se recollen as principais normas.

Instruccións para o 3º trimestre

No seguinte enlace tedes acceso as "Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020". Premede para acceder á publicación:

 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

 

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf

Imprimir tarefas escolares

As nosas nenas e nenos mandan mensaxes

Todo o alumnado do CEIP Plurilingüe de Toques esta concienciado con que temos que frenar o avance do virus.

Un dos nenos de Infantil mándavos esta mensaxe para todas e todos.

Moito ánimo! Xa queda menos!

 

SUSPENSIÓN TEMPORAL DA ACTIVIDADE LECTIVA NOS CENTROS DE ENSINO

A Xunta de Galicia emite un comunicado para o cese das actividades lectivas, complementarias e extraescolares nos centros de ensino da comunidade, durante 14 días naturais, comezando o luns 16 de marzo. 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de informarnos das medidas que serán de aplicación nos centros educativos, as que podedes acceder premendo na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Así mesmo, a actualización destas medidas iniciais foi colgada na mesma dirección web, especificando instruccións máis concretas para a organización dos centros escolares. 

O profesorado seguiremos a facer un seguimento telemático do alumnado, e todas aquelas familias que o desexen poden contactar co centro empregando as ferramentas que temos para ese fin:

  • Tlf: 881 96 04 00
  • Correo electrónico: ceip.toques@edu.xunta.es
  • Abalar Móbil: para mensaxería co profesorado e titoras/es.
  • Aula Virtual: subiremos as tarefas para que as realice o alumnado mentres dure a suspensión.
  • Outras directrices dos titores/as de cada grupo.

 

Deixamos tamén unha infografía con información relevante e de interese para a comunidade educativa. Gracias pola vosa colaboración. Manterémosvos informadas/os.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut