Skip to Content

EDIXGAL

Educación Dixital

SOPORTE PREMIUM PARA INCIDENCIAS CON EDIXGAL

 

Teléfono 881 86 99 00

Correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal

WhatsApp no número 604 06 78 56

Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

 

O alumnado, familias e profesorado que participan no proxecto de educación dixital E-Dixgal teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

Trátase dun servizo que atende as seguintes necesidades:

- Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas...

- Comunicación e resolución de averias no equipo informático ou para tramitar e realizar xestións sobre o seguro.

- Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de aprendizaxe (EVA) e os contidos dixitais ofrecidos no dito entorno.

Este servizo está dispoñible 24 horas, os 7 días da semana.

 

Proxecto EDIXGAL

No centro durante este curso escolar poñemos en marcha con moita ilusión o proxecto EDIXGAL, que está destinado ao alumnado de 5º e 6º de primaria, e, no noso caso, tamén se verá beneficiado o alumnado de 4º de primaria ao tratarse dun grupo mixto.

Con este proxecto pretendemos desenvolver a competencia dixital do noso alumnado dunha forma inmersiva, empregando as TIC como parte diaria do proceso de ensinanza-aprendizaxe, promovendo o traballo colaborativo, a solución de problemas e sobre todo dar acceso a novos recursos e ferramentas que sen dúbida repercutirán moi positivamente na formación integral do noso alumnado.

No centro educativo, o alumnado e o profesorado traballará nas aulas dixitais. Son aulas que dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun equipo para o profesor, e dun equipo para cada alumno. Ademaís as aulas contan con conexión WIFI para que o alumnado e profesorado poda accesos aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.

Para máis información premede na imaxe e accederedes a unha páxina con recursos, videotitoriais e moitas máis novidades sobre este proxecto.

Arrancamos!

PROXECTO EDUCACIÓN DIXITAL - EDIXGAL

Durante o vindeiro curso escolar 2020-2021 poremos en marcha no centro o proxecto EDIXGAL en 5º e 6º de Educación Primaria.

O alumnado e o profesorado dos centros implicados desenvolveremos a nosa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que nos vai permitir acceder a contidos dixitais. O alumnado disporá dos seus propios netbooks e poderá acceder mediante conexión a internet (online) aos contidos dixitais do seu curso ou sen conexión (offline).

Para máis información sobre este proxecto podedes premer na imaxe, e se queredes ver a listaxe definitiva de centros admitidos nesta convocatoria premede aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut