Skip to Content

AXUDA LIBROS E MATERIAL

FONDO LIBROS: axudas para libros de texto, material escolar e participación no fondo solidario de libros CURSO 2024/2025.

FONDO LIBROS

SOLICITUDES DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR, LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2024/2025

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

QUEN PODE PRESENTAR SOLICITUDES?

- Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º  de educación primaria. 

- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.

- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

No caso de irmáns no mesmo centro, presentarase unha única solicitude.

Edixgal: (no noso centro o alumnado de 5º e 6º participa no proxecto EDIXGAL polo que só opta ao vale de material escolar).

 

COMO PRESENTAMOS AS SOLICITUDES?

As solicitudes poderanse presentar dos seguintes xeitos:

  • Mediante a aplicación FONDO LIBROS. Hai un manual de instrucións no aplicativo.
  • Presentación no centro: presentación no centro do procedemento ED330B debidamente asinados xunto coa documentación precisa.

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024.

Os libros de texto de 3º e 4º de primaria deberán ser devoltos antes do 21 de xuño de 2024.

QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE PRESENTAR?

  • Solicitude ED330B (preme para descargar)
  • DNI ou NIE
  • Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de ser o caso.
  • Percepción de pensión por incapacidade ou outras causas de ser o caso.
  • Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. No caso de separación ou divorcio deberán achegar a sentenza xudicial e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.
  • No caso de que o/a solicitante non posúa DNI ou NIE deberase acreditar o número de membros computables empregando algún dos seguintes medios:
    • Copia do libro de familia.
    • Certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Documentación xustificativa nos casos de violencia de xénero de ser o caso.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, de ser o caso
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

PUBLICACIÓN DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E ENTREGA DE VALES

  • Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas:24 de xuño.
  • Período de reclamación: durante os 2 días seguintes á publicación das listaxes provisionais.
  • Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: 27 de xuño.
  • Recollida dos vales para todo o alumnado de Educación Primaria:Poderán recoller os vales o día 28 de junio. Se non son recollidos ese día poderán ser recollidos a partir do 1 de setembro. 

PREMA PARA DESCARGAR UN DOCUMENTO VISUAL QUE VOS VAI AXUDAR A CUBRIR AS SOLICITUDES NA CASA OU DO XEITO QUE ESCOLLÉRADES. CALQUERA DÚBIDA PODEDES ENVIAR CORREO TAMÉN AO CENTRO.

Distribuir contido


by Dr. Radut