Skip to Content

COMEDOR / TRANSPORTE

PAGO DE COMEDOR POR ABALAR OU TELEMÁTICO

1. PAGO EN ABALAR

 

2. PAGO POR ATRIGA - PAGO TELEMÁTICO NA OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA DA CONSELLERÍA DE FACENDA

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes. 

PREGÁMOSLLES NON FAGAN O PAGO ATA QUE RECIBAN A CARTA DE PAGO, PARA EVITAR ERROS NA CANTIDADE DE DÍAS A ABOAR.

 https://ovt.atriga.gal/

Para empregar a aplicación ATRIGA da Consellería de Facenda, deberán activar a opción do navegador Chrome ou Mozilla Permitir POP-UPS ou ventás emerxentes.

AUTODECLARACIÓN COMEDOR ESCOLAR 24-25

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR - Curso 2024/2025

O prazo de presentación das autodeclaracións para empregar o servizo de comedor escolar do vindeiro curso escolar esta en activo ata o comezo do curso escolar. Os prezos calcularánse a partir do exercicio do 2023. 

Formas de presentación:

  • Escaneada a solicitude e documentación adxunta ao correo ceip.toques@edu.xunta.gal
  • Presencialmente no centro ata o 10 de setembro.

 

As solicitudes xa foron enviadas polo alumnado. Se precisades outro documento podedes solicitalo ao centro. A continuación tedes para descargar a explicación para calcular a renda per cápita familiar para cubrir e presentar no centro:

EXPLICACIÓN PARA CALCULAR A RENDA PER CÁPITA

 

INSTRUCIÓNS COMEDOR CURSO 2021-2022

Comeza o prazo para a solicitude de praza de comedor escolar para o vindeiro curso escolar 2021-2022.As familias interesadas tedes a continuación os seguintes documentos onde explicamos as instrucións para a cumprimentación da solicitude, a solicitude e como calcular a renda anual per cápita.

INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA PARA COMEDORES DE XESTIÓN DIRECTA PARA O CURSO 2021-2022

DATAS E HORARIO DE PRESENTACIÓN NO CENTRO

Venres 2 de xullo: de 10:00 a 14:00

Luns 5 de xullo: de 10:00 a 14:00

Martes 6 e Mércores 7 de xullo: de 9:00 a 11:00

DOCUMENTACIÓN

DESCARGAR INSTRUCIÓNS CURSO 21-22 PARA A CUMPRIMENTACIÓN DA SOLICITUDE

DESCARGAR SOLICITUDE - AUTODECLARACIÓN

DESCARGAR AXUDA PARA CALCULAR A RENDA ANUAL PER CÁPITA

 

NOVAS CONDICIÓNS PARA OS COMEDORES ESCOLARES

Achegamos o acordo realizado polo Consello da Xunta na súa reunión do 15 de outubro de 2020 na que, de maneira excepcional mentres dure a alerta sanitaria acorda que, por unha banda, se modifican as contías das compensacións económicas a percibir polos responsables, encargados e colaboradores do comedor escolar de xestión directa e, por outra banda, se amplia excepcionalmente a outros familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio dos menores usuarios do servizo, a posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de anteción e vixiancia. 

Para máis información sobre as cuantías e os acordos adoptados, premede no seguinte enlace:

ACORDO CONSELLO DA XUNTA COMEDORES ESCOLARES 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021

O prazo de presentación das autodeclaracións para empregar o servizo de comedor escolar do vindeiro curso escolar esta en activo ata o comezo do curso escolar. A súa entrega realizarase preferentemente antes do 15 de xullo no centro educativo. Podedes descargar a continuación o documento para cubrir e presentar no centro:

 

DESCARGAR ANEXO AUTODECLARACIÓN

Descargar axuda como calcular a Renda Neta do IRPF

 

Información importante

Para a realización da autodeclaración empregaremos os datos da renda do EXERCICIO FISCAL DO 2019.

Non teredes que presentar unha copia da declaración da renda no centro, xa que na autodeclaración xa estades confirmando que os datos que expoñedes son certos e estades a dar a autorización á Consellería de Educación para contrastar ditos datos.

Colaboradoras/es para o comedor escolar

Tamén está aberto o prazo para presentarse voluntaria/o para axudar na vixianza, coidado e tarefas no comedor escolar do centro. Para máis información ou anotarse podedes vir ou chamar ao centro en horario de mañá.

AXUDAS DIRECTAS AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR

AXUDAS DIRECTAS AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DO 31 DE MARZO AO 6 DE ABRIL

 Segundo a Orde do 27 de marzo de 2020, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre unha convocatoria para solicitar axudas de compensación do custo do menú diario para o alumnado usuario do servizo de comedor dos centros educativos de ensinanzas obrigatorias. O outorgamento das axudas realizarase de xeito directo, sen concorrencia competitiva.

 

Destinatarios

  • As axudas van dirixidas ás familias do alumnado usuario do comedor que teñan gratuidade total ou as que son pagadoras de 1€.

  • No caso de usuarios que teñan a gratuidade total do comedor recibiran un aboamento de 2,50€ por día, e no caso do usuarios que deban abonar 1€ recibiran unha compensación de 1,50€ día.

  • Este 1º pagamento realizarase polo período do 16 de marzo ata o 3 de abril. No caso de prorrogarse a situación do Estado de Alarma realizaríase un 2º pagamento cos días a compensar.

 

Presentación de solicitudes

 A presentación pódese facer das seguintes formas:

 

Rematado o prazo de presentación ( o 6 de abril) a resolución das solicitudes presentadas sairá nun máximo de 10 días. Logo da publicación da resolución os pagos realizaranse nun período máximo de 5 días.

Distribuir contido


by Dr. Radut