LETRAS GALEGAS 2020
Ricardo Carbalho Calero
Malia os cambios no calendario de actividades presenciais arredor do Día das Letras Galegas, a RAG quere que o 17 de maio sexa igualmente unha gran celebración colectiva, e fai un chamamento a toda a cidadanía galega para que sexa así valéndose das posibilidades do mundo dixital que tanto se están a aproveitar nestes tempos de obrigado afastamento social. Preme aquí para acceder á noticia da RAG.
Dende o CEIP Plurilingüe de Toques queremos recopilar e mostrarvos nas vindeiras semanas na rede as iniciativas de divulgación da figura e da obra do filólogo, escritor e profesor Carballo Calero, mediante actividades elaboradas polo claustro e alumnado, así como recursos dixitais existentes en rede promovidos pola RAG, entidades e centros educativos.
Festexemos o día das Letras Galegas dende o noso fogar!!