Skip to Content

Actividades

OBRADOIROS E VISITAS DAS FAMILIAS - SEMANA DA PRENSA. VANESA, XORNALISTA

E a sorpresa era esta! Unha das mamas do noso centro é xornalista, e non podiamos deixar pasar esta oportunidade sen invitala ao centro a que nos viñera contar todo sobre o mundo do xornalismo.

Tiñamos moitas ganas de que viñera xa que o alumnado tiña unha morea de preguntas que facerlle, e a súa visita foi increíble.

As nosas pequenas e pequenos de infantil puideron descubrir as ferramentas que empregan os xornalistas para traballar e investigamos e buscamos pistas de noticias para continuar coa nosa labor de xornalistas.

O alumnado de primaria estivo a escoitar e a xogar con todas as historias e anecdotas que Vanesa nos quixo contar, descubrindo como era o traballo antigamente dun xornal (coas máquinas de escribir e coas ferramentas máis tradicionais) e como evolucionou ata o día de hoxe coas ferramentas tecnolóxicas actuais.

E como bos xornalistas non pararon de preguntarlle moreas de preguntas sobre a universidade, os seus artigos, as súas experiencias no traballo.

Moitísimas grazas Vanesa por vir ao noso centro e facernos pasar unha xornada tan boa, na que aprendemos e o pasamos ben a partes iguais.

OBRADOIROS DE IGUALDADE III

Última xornada dos OBRADOIROS DE IGUALDADE pola ANPA do noso centro.

Nesta xornada o alumnado de 1º,2º e 3º de primaria estivo a traballar no obradoiro ilustrando a igualdade.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria estivo a realizar un role play mediante o cal descubriron que significa o teito de cristal e as dificultades que moitas mulleres, aínda a día de hoxe, teñen para conseguir traballar e vivir en igualdade de condicións que os homes, especialmente nalgúns campos laborais.

Sen dúbida é un remate xenial para esta semana adicada ao 25 de novembro e ás diferentes situacións e violencias existentes na nosa sociedade, moitas delas, camufladas inocentemente no noso día a día.

Grazas a ANPA e ao Pequeno Besbello por esta oportunidade para as nosas nenas e nenos!

 

OBRADOIROS DE IGUALDADE II

Continuamos coa segunda xornada dos obradoiros de igualdade programados pola ANPA do noso centro e hoxe:

O alumnado de 1º2º3º de primaria realizou o obradoiro SILUETAS.

O alumnado de 4º5º6º de primaria estivo a analizar as cancións que escoitamos cada día, descubrindo que se nos fixamos na mensaxe descubrimos moitos micromachismos, e, en moitos casos, mensaxes violentas e que dan a imaxe da muller como un obxecto, despersonalizando e infravalorando a este xénero.

Hoxe, día 25 de novembro, é preciso recordar que a violencia sexista ten unhas consecuencias terribles na nosa sociedade e nas nosas vidas e emocións, tanto nas mulleres como nos homes, que tamén sufren as consecuencias do machismo a diario.

Non deixemos que esto continue nas nosas pequenas e nosos pequenos.

 

OBRADOIROS DE IGUALDADE I

A ANPA do noso centro sempre está ahí para ofertar axuda e colaborar con todas nós sempre que fai falta e nesta ocasión non ía ser diferente.

Para favorecer a convivencia no centro e fomentar no alumnado conductas e estratexias que lles permitan vivir libres, felices e libres de violencia, sexa cal sexa a súa orixe, organizaron unha serie de obradoiros de igualdade, levados a cabo por "O pequeno besbello", da man de Andrea e Manú (moitas gracias por todo!).

O noso alumnado coñecerá moita información sobre a violencia de xénero e aprenderá novas estratexias a través de scapes rooms, resolvendo crimes, grabando audios que saldrán en radio Melide e moito máis!

Hoxe estivemos a desfrutar destes obradoiros. O alumnado de 1º2º3º de primaria estivo a traballar nas ondas e o alumnado de 4º5º6º estivo a resolver un misterioro crime e os motivos que esconde.

Distribuir contido


by Dr. Radut