Skip to Content

Recomendacións de lectura

GOING GREEN!! XA ESTAMOS A TOPE COA RECICLAXE

Xa estamos a tope no centro coa reciclaxe e por fin nos chegou esta illa de reciclaxe pola nosa participación no Plan Proxecta "RECICLATE CON SOGAMA" durante este curso escolar. Este é o primeiro paso para a consecución do obxectivo "COLEXIO RESIDUOS CERO". Sabemos que é complexo pero cada día un pouquiño máis preto!

Illa de reciclaxe cos contedores de PLÁSTICOS (amarelo), PAPEL E CARTÓN (azul), FRACCIÓN RESTO (verde) e ORGÁNICOS (gris).

Axuda visual para saber que vai en cada contedor. (Autor: Mans de ouro)

 

Xa que estamos a aprender moito sobre a regra das 3R( reduce, reutiliza e recicla) creamos no corredor, ao lado da biblioteca,  un expositor con ECO-LECTURAS, que nos axudarán a coñecer máis sobre como podemos por o noso gran de area para o coidado do medioambiente e do noso centro.

 

Estamos comezando a pensar se o que vamos tirar pode ter unha segunda vida, e se non a ten, saber onde tiralo.

 

Grazas a tenda SALACADULA, que nos donou este precioso expositor onde puidemos crear o noso recuncho verde!! 

Comezamos o noso LECTRÓMETRO!

 

No centro temos moitas e moitos ratiños de biblioteca, e encántalles saber que libros xa leron para aumentar a súa colección.

Por iso creamos este LECTÓMETRO, onde poden ir vendo como sube o número de libros que len e poder recomendarse libros uns a outros.

Agardamos ter que engadir estantes de libros para colorear moi amiudo!

 

25 NOVEMBRO NA BIBLIOTECA: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Aquí vos deixamos algunhas recomendacións de libros da nosa biblioteca para traballar a igualdade e para coñecer mulleres relevantes na nosa sociedade moitas veces invisibilizadas e infravaloradas. Cambiemos iso e aprendamos delas!

Colección "Pequeña y Grande"

Libros para traballar as emocións

 

RECOMENDACIÓN LIBROS SEMANA DA CIENCIA

Temos novas adquisicións na nosa biblioteca e creamos para esta semana da ciencia este recuncho no que podemos soñar con ser grandes científicas e científicos!

 

«Soy de las que piensan que la ciencia tiene una gran belleza. Un científico en su laboratorio no es sólo un técnico: es también un niño colocado ante fenómenos naturales que le impresionan como un cuento de hadas.»

Marie Curie

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut