Skip to Content

DONAS DE SÍ

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER

25 N - Non á violencia de xénero

Durante esta semana tivemos o pracer de contar no centro con 4 charlas organizadas pola ANPA e desenvoltas polo Pequeno Besbello sobre violencia de xénero, micromachismos e roles de xénero nas que o alumnado de primaria, mediante actividades diversas, puxeron a súa cabeza a funcionar e analizar o mundo que nos rodea e as inxustizas que nel acontecen día a día. Agardamos este tipo de actividades sexan un gran de area para unha sociedade máis igualitaria.

 

O alumnado de infantil pola súa banda estivo a traballar sobre a violencia de xénero mediante o conto "Arturo e Clementina" que explica dunha forma moi clara este concepto tan abstracto aínda para o alumnado máis cativo.

ARTS & EDIXGAL

QUEN DIXO QUE NON PODEMOS VISITAR UN MUSEO SEN MOVERNOS DA NOSA AULA?

O proxecto EDIXGAL está a cambiar moito a nosa forma de traballar, ofertándonos moitísimas oportunidades e recursos para o alumnado.

Neste caso na clase de ARTS, realizamos unha excursión virtual ao museo Nacional Thyssen-Bornemisza en Madrid, onde visitamos a exposición de GEORGIA O'KEEFFE, pintora e artísta estadounidense que estamos a traballar durante este mes de novembro.

Podedes visitar esta exposición e o museo premento na seguinte ligazón:

Museo Nacional Thyssen-Bornemisza Madrid - GEORGIA O'KEEFFE

OBRADOIROS E VISITAS DAS FAMILIAS - SEMANA DA PRENSA. VANESA, XORNALISTA

E a sorpresa era esta! Unha das mamas do noso centro é xornalista, e non podiamos deixar pasar esta oportunidade sen invitala ao centro a que nos viñera contar todo sobre o mundo do xornalismo.

Tiñamos moitas ganas de que viñera xa que o alumnado tiña unha morea de preguntas que facerlle, e a súa visita foi increíble.

As nosas pequenas e pequenos de infantil puideron descubrir as ferramentas que empregan os xornalistas para traballar e investigamos e buscamos pistas de noticias para continuar coa nosa labor de xornalistas.

O alumnado de primaria estivo a escoitar e a xogar con todas as historias e anecdotas que Vanesa nos quixo contar, descubrindo como era o traballo antigamente dun xornal (coas máquinas de escribir e coas ferramentas máis tradicionais) e como evolucionou ata o día de hoxe coas ferramentas tecnolóxicas actuais.

E como bos xornalistas non pararon de preguntarlle moreas de preguntas sobre a universidade, os seus artigos, as súas experiencias no traballo.

Moitísimas grazas Vanesa por vir ao noso centro e facernos pasar unha xornada tan boa, na que aprendemos e o pasamos ben a partes iguais.

SEMANA DA PRENSA 2021 - MARÍA LUZ MORALES

SEMANA DA PRENSA

Esta semana estamos a conmemorar no centro a SEMANA DA PRENSA.

O alumnado de primaria durante esta semana está a traballar coa prensa escrita, e tamén coa dixital, coñecendo máis sobre o funcionamento dun xornal, as partes dunha noticia, os recursos expresivos, analizando noticias...

O alumnado de Ed. Infantil tamén está a participar nesta conmemoración no centro e estivo a simular ser xornalistas, co seu carnet e co seu micrófono, realizando entrevistas e preguntas as súas compañeiras e compañeiros. Están feitos uns auténticos xornalistas!

Ademais, xunto con esta conmemoración e polo 8 de marzo adicamos o noso mural estático de "MULLERES INVISIBLES" para por en valia o traballo de MARÍA LUZ MORALES, a primeira muller galega directora dun xornal. Desta volta foi o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria as/os encargadas/os de investigar máis sobre a vida e traballo desta gran muller, creando o noso propio xornal "A VOZ DE TOQUES" onde todas as noticias e pasatempos versan sobre esta figura tan importante na historia feminina galega.

 

E O VENRES AGÁRDANOS UNHA SORPRESA!

QUÉN VIRÁ AO CENTRO?

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - 24 FEBREIRO 2021

Hoxe, 24 de febreiro conmemoramos nos centros escolares galegos o día de ROSALÍA DE CASTRO, unha das autoras máis claves da literatura galega, como moitas outras mulleres do pasado, do presente e de seguro do futuro, deixou unha impronta na historia que non debe ser esquecida xamais.

Este ano, para conmemorala o alumnado está a realizar tarefas artísticas (realización dun mural nunha das paredes de entrada ao centro) e audiovisuais (creación dunha animación dun poema de Rosalía empregando a técnica de STOP MOTION).

Pero como nos gusta o traballo ben feito, e somos moito de darlle voltas, estamos a demorarnos no remate, pero deixamósvos aquí un trailer adianto da película que o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria está a coordinar e no que todo o alumnado do centro está a formar parte.

Non vós perdades o estreo da película final!

DÍA DA PAZ 2021- UN NENO, UN MAESTRO, UN LIBRO E UN LÁPIZ PODEN CAMBIAR O MUNDO

Este ano para celebrar o día da Paz no noso centro estivemos a investigar e coñecer mais sobre a vida de Malala, premio Nobel da Paz no 2014.

Por iso o noso recanto deste curso adicado as mulleres InVisibles se preparou para recopilar todo o traballado ao longo da semana de Malala Yousafzai.

O mural colaborativo coas investigacións, manualidades e debuxos realizados entre os diferentes cursos de infantil e primaria xa decora o noso corredor e reivindica o gran papel que ten a educación para construir sociedades pacificas, valorando a diversidade e respectando as diferencias como unha riqueza de todas e todos.

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis no centro levamos a cabo actividades para desenvolver nas nosas nenas e nenor conductas e habilidades que lles permitan vivir libres de violencia, aprendendo a reconocela en sí mesmos e cando ven de outras persoas e permitindo deste xeito desenvolver habilidades que repercutan nunha mellora da convivencia na sociedade da que forman parte.

Como parte do proxecto DONAS DE SÍ, este curso creamos unha zona de investigación fixa, o "RECUNCHO DAS MULLERES (IN)VISIBLES" que iremos adicando a diferentes mulleres da historia galega e de outras partes do mundo ao longo do curso escolar. 

Para comezar está ocasión comezamos con Irene González, primeira xogadora galega de fútbol, a primeira de tantas que seguiron despois abrindo o camiño cara a igualdade.

Investigamos na nosa biblioteca escolar e atopamos información sobre ela no libro de "Pioneiras" e a partir de ahí comezamos unha investigación que rematou na creación do noso recuncho.

OBRADOIROS DE IGUALDADE III

Última xornada dos OBRADOIROS DE IGUALDADE pola ANPA do noso centro.

Nesta xornada o alumnado de 1º,2º e 3º de primaria estivo a traballar no obradoiro ilustrando a igualdade.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria estivo a realizar un role play mediante o cal descubriron que significa o teito de cristal e as dificultades que moitas mulleres, aínda a día de hoxe, teñen para conseguir traballar e vivir en igualdade de condicións que os homes, especialmente nalgúns campos laborais.

Sen dúbida é un remate xenial para esta semana adicada ao 25 de novembro e ás diferentes situacións e violencias existentes na nosa sociedade, moitas delas, camufladas inocentemente no noso día a día.

Grazas a ANPA e ao Pequeno Besbello por esta oportunidade para as nosas nenas e nenos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut