Skip to Content

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE 2021-2022-2023

CAL É A PEGADA DE CARBONO DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA?

Colabora co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria a obter información sobre a pegada de carbono da nosa comunidade educativa. Soamente con cubrir o seguinte cuestionario, anónimo, será suficiente. Logo dun período de tempo, publicaremos os resultados. Grazas de antemán.

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/mESmtF8B2K9LLRzs

Decálogo elaborado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

 

Que é a compostaxe?

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria estivo a elaborar as seguintes infografías coa ferramenta de edición dixital Canva, para axudarnos a comprender un pouquiño mellor como podemos empregar os nosos residuos orgánicos para elaborar o noso propio compost e aboar as nosas prantas e cultivos.

DECÁLOGO PARA CREAR PATIOS MAIS SOSTIBLES

Como actividade englobada no proxecto deste 1º trimestre na elaboración dun calendario medioambiental, as alumnas Adhara, Xixela e Laura, de 5º de primaria, elaborarón o seguinte decálogo con recomendacións e ideas para crear dos nosos patios escolares un espazo un chisco mais respetuoso co medioambiente, ao mesmo tempo que contribuímos á súa dinamización.

Toquiña preocupada polo mundo: plásticos

Ola! Recordades o libro e a revista do proxecto do centro? Pois hoxe presentamos o vídeo documental que ofrece un bo resumo de ambos os documentos, aportando ademais o aspecto visual que non se percibe na linguaxe escrita.

Dende o claustro do colexio de Toques agardamos que sexa do voso agrado e que sexan conscientes de que as nenas e nenos son os verdadeiros axentes de cambio, xa que ademais demostraron ser moi capaces.

En hora boa e feliz verán a todas e todos os que conformamos a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Toques.

 

FIN PROGRAMA PILABOT

Este curso voltamos a participar no programa de recollida de pilas e baterías PILABOT, programa co que seguimos a concienciar ao alumnado da importancia dunha boa xestión dos residuos. Poñemos este mes de marzo fIn ao proxecto e satisfeitas/os por poñer o noso grao de area para conservar os nosos ecosistemas tal e como os coñecemos.

A pesar do fin deste programa, no centro continuaremos a ser un punto de entrega de pilas, que levaremos a un punto de recollida cada certo tempo.

Sonitrón » concurso Pilabot. archivos - Sonitrón

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS DE REFUGALLO

O que nos gusta facer talleres e obradoiros neste colexio verdade?

Pois este venres tivemos de novo no centro ao equipo de MATRÁCALA, que fixeran con nós un obradoiro de papel reciclado. Desta volta temos algo máis sonoro, un obradoiro de instrumentos de refugallo.

Que é imposible que a nosa basura se convirta no mellor dos instrumentos músicais? Agora xa sabemos que non, que a imaxinación é o límite para reutilizar e reducir a cantidade de residuos que xeramos día a día.

Todo o alumnado do centro puido participar desta actividade en distintas quendas. Aquí vemos unha foto do grupo de educación infantil, 1º e 2º de primaria.

OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO

Este luns realizamos na biblioteca do centro un obradoiro de PAPEL RECICLADO, actividade enmarcada no Plan Proxecta RECICLATE CON SOGAMA e nos Contrato-Programa EDUSOSTIBILIDADE.

Continuamos a mostar as nosas pequenas e pequenos outros xeitos de tratamento dos residuos, que, unha vez xerados, poden ser aproveitados para múltiples obxectivos.

Non vos perdades o video desta actividade realizada pola empresa de actividades lúdicas MATRÁCALA. Foi xenial!

GOING GREEN!! XA ESTAMOS A TOPE COA RECICLAXE

Xa estamos a tope no centro coa reciclaxe e por fin nos chegou esta illa de reciclaxe pola nosa participación no Plan Proxecta "RECICLATE CON SOGAMA" durante este curso escolar. Este é o primeiro paso para a consecución do obxectivo "COLEXIO RESIDUOS CERO". Sabemos que é complexo pero cada día un pouquiño máis preto!

Illa de reciclaxe cos contedores de PLÁSTICOS (amarelo), PAPEL E CARTÓN (azul), FRACCIÓN RESTO (verde) e ORGÁNICOS (gris).

Axuda visual para saber que vai en cada contedor. (Autor: Mans de ouro)

 

Xa que estamos a aprender moito sobre a regra das 3R( reduce, reutiliza e recicla) creamos no corredor, ao lado da biblioteca,  un expositor con ECO-LECTURAS, que nos axudarán a coñecer máis sobre como podemos por o noso gran de area para o coidado do medioambiente e do noso centro.

 

Estamos comezando a pensar se o que vamos tirar pode ter unha segunda vida, e se non a ten, saber onde tiralo.

 

Grazas a tenda SALACADULA, que nos donou este precioso expositor onde puidemos crear o noso recuncho verde!! 

Distribuir contido


by Dr. Radut