Skip to Content

O muiño de Martín e senderismo polas paisaxes de Toques - PRIMARIA

Comezamos o outono, unha das estacións que máis nos gustan no centro por todos os cambios que vemos na nosa paisaxe e ao noso arredor. Este ano aínda cobra máis importancia pola volta ao cole despois de moitos meses sen poder estar todas e todos xuntos e tamén pola situación sanitaria que aínda estamos a vivir, na que a seguridade e hixiene esta sempre nun primeiro plano. Pero a pesar disto, e mantendo sempre todas as medidas precisas para garantir a seguridade de todas e todos os participantes nas actividades, non queremos deixar pasar esta estación sen desfrutar dela como se merece, polo que vamos a realizar ao longo do mes diferentes actividades: saídas pola contorna para coñecer a nosa paisaxe e as cousas que temos na nosa vila, actividades na biblioteca escolar, celebración nas nosas aulas e biblioteca do Magosto e Samaín...

Este venres demos a saída a estas actividades con unha visita na que visitamos o precioso muiño do noso compañeiro Martín de 4º de primaria que, xunto ao seu pai, foron os nosos relatores e guías durante toda a visita.

Explicáronnos unha morea de cousas: como se fai a fariña, o funcionamento do muiño coa forza da auga do río, curiosidades sobre como era antes a vida e o traballo nos muiños, como se xeraba electricidade para as bombillas que había no lugar...

Aprendemos moitísimo e pasamolo xenial no camiño de ida e de volta atopando castañas, contando contos e, en definitiva, compartindo unha xornada diferente xuntas e xuntos. 

Moitas grazas Martín e familia polo gran día que nos fixéstedes pasar! 

SE PREMEDES EN GALERÍA PODEREDES VER MÁIS FOTOS DA XORNADA. 



blog | by Dr. Radut