Ao longo desta semana estivemos dinamizando o centro con unha morea de actividades físicas. Cada día o alumnado non sabía con que se ía atopar, sendo unha sorpresa dende primeira hora, na que cada día elaboramos unha xincana diferente coordiandos pola mestra de Ed. Física. Nos recreos realizaronse moreas de xogos diferentes ao longo desta semana. O último día pechouse con coreografías, xogos co paracaídas, xogos de destreza con paus de hockey, de puntería e moito máis! FAGAMOS DEPORTE!