AXUDAS DIRECTAS AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR
PRAZO DE PRESENTACIÓN DO 31 DE MARZO AO 6 DE ABRIL
Segundo a Orde do 27 de marzo de 2020, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre unha convocatoria para solicitar axudas de compensación do custo do menú diario para o alumnado usuario do servizo de comedor dos centros educativos de ensinanzas obrigatorias. O outorgamento das axudas realizarase de xeito directo, sen concorrencia competitiva.
Destinatarios
-
As axudas van dirixidas ás familias do alumnado usuario do comedor que teñan gratuidade total ou as que son pagadoras de 1€.
-
No caso de usuarios que teñan a gratuidade total do comedor recibiran un aboamento de 2,50€ por día, e no caso do usuarios que deban abonar 1€ recibiran unha compensación de 1,50€ día.
-
Este 1º pagamento realizarase polo período do 16 de marzo ata o 3 de abril. No caso de prorrogarse a situación do Estado de Alarma realizaríase un 2º pagamento cos días a compensar.
Presentación de solicitudes
A presentación pódese facer das seguintes formas:
-
A través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para os que teñades Chave 365 ou Certificado dixital. Pulsa AQUÍ para acceder á sede electrónica. (https://sede.xunta.gal). O código do formulario é ED601B - Ayuda extraordinaria comedores escolares.
-
Enviando un correo electrónico ao centro (ceip.toques@edu.xunta.gal), co seguinte formulario cuberto. PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER AO FOMULARIO e á ORDE.(ao final da Orde)
-
Se non dispós de medios informáticos ou tes dificultades técnicas, así como para calquera dúbida, chama ao teléfono do centro 881960400.
Rematado o prazo de presentación ( o 6 de abril) a resolución das solicitudes presentadas sairá nun máximo de 10 días. Logo da publicación da resolución os pagos realizaranse nun período máximo de 5 días.