ADMISIÓN PARA O CURSO 2024 - 2025
Quen debe facer a solicitude?
- O alumnado de nova escolarización para o curso 2024-2025, nados no ano 2021.
- Aquel alumnado que estea cursando xa estudos nun centro e que queira cambiar de centro debe realizar as súas solicitudes neste prazo.
Prazo de presentación de solicitudes
- Do 1 ao 20 de marzo.
Métodos de presentación da solicitude
- Presentar o impreso ED550B escrito a man ou a ordenador na dirección/secretaría do noso centro.
- Presentar o impreso ED550B creado mediante a aplicación admisión/alumnado na dirección/secretaría do noso centro.
- Presentar a solicitude (o impreso ED550B) en Sede Electrónica a través da propia aplicación.
PREME AQUÍ PARA DESCARGAR O IMPRESO ED550B CASTELÁN
PREME AQUÍ PARA DESCARGAR O IMPRESO ED550B GALEGO
Horario de dirección/secretaría para a presentación de documentos
- De luns a mércores de 15:30 a 16:30 da tarde.
- Martes: de 10 a 11 da mañá.
Documentación a aportar xunto coa solicitude
- Solicitude: Anexo II procedemento ED550B (dispoñible para descargar nesta publicación, no centro, na aplicación ou na sede electrónica)
- Fotocopia do libro de familia.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumnado.
- Fotocopia da cartilla de vacunación da/o alumna/o.
- Informe médico.
- Dúas fotos da/o alumna/o tamaño carné.
- Fotocopia do DNI do alumnado (se dispón del).
- Fotocopia do DNI dos proxenitores, titores legais ou responsables.
- De ser o caso, resolución xudicial de separación ou divorcio.
- Calquera outra documentación ou información que se considere relevante a efectos persoais ou para o xustificar no baremo de ser o caso.
Información importante
- Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar.
- O incumprimento deste primeiro punto pode conlevar á perda dos dereitos de prioridade que puidera ter a/o alumna/o no centro por duplicidade de presentación.
- O alumnado que actualmente está escolarizado no centro ten garantida a súa continuidade no mesmo. Se algún quixera cambiar de centro deberá presentar a solicitude de admisión no centro ao que queira trasladarse e comunicar este feito no centro de orixe, no que actualmente cursa estudos a/o alumna/o.
- O alumnado que queira presentar solicitude de admisión noutro centro distinto no que ten reservada a praza, deberá realizar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (1 de marzo).
Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de Educación Infantil e Primaria informamos ás familias dos servizos e prazas existentes actualmente no centro:
Área de escolarización do centro: concello de Toques.
Centros adscritos: IES de Melide (secundaria).
Servizos complementarios do centro:
- Comedor (14:45 a 15:30h).
- Transporte escolar (entrada no horario escolar e saída as 16:30h) ofertado pola Consellería de Educación.
TODAS AS DÚBIDAS SERÁN SOLUCIONADAS NO CORREO ceip.toques@edu.xunta.gal.
Vacantes para o curso 2023-2024
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B-C.pdf | 1.38 MB |
ED550B-G.pdf | 1.38 MB |