Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDA PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-2022

 

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO: 21 de maio ao 22 de xuño de 2021 (incluídos)

 As solicitudes poderanse presentar dos seguintes xeitos:

  • Preferiblemente na aplicación FONDO LIBROS.Podes descargar o manual adxunto ao remate desta entrada. 
  • Presentación no centro: presentación do procedemento ED330B (anexo I e anexo II) debidamente asinados xunto coa documentación precisa.

 

FORMULARIOS PARA A SOLICITUDE

PODES DESCARGAR OS FORMULARIO DA SOLICITUDE PREMENDO AQUÍ (ANEXO I e II)

No centro tamén teremos a disposición as solicitudes impresas.

 

REQUISITOS PARA A SOLICITUDE

  • Fondo solidario de libros de texto: Todo o alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria (o alumnado de 5º e 6º de primaria matriculado en centros incluídos no proxecto E-DIXGAL está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto. Pode solicitar a axuda para adquirir material escolar.).
  • Axudas para adquirir libros de texto: Todo o alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e de educación especial (EE), alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% e alumnado NEAE.
  • Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado matriculado en Educación Primaria.
  • Realizar a devolución no centro actual dos libros adquiridos coa axuda do curso 2019-2020 (a falta de devolución será causa de exclusión das axudas)
  • Renda per cápita: un tramo igual ou inferior a 6.000€ (6 libros) e outro tramo de rendas superiores a 6.000€ ata os 10.000€ (4 libros).
  • A solicitude será única para todos/as os/as fillos/as admitidos no mesmo centro docente.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Solicitude ED330B: Anexo I e II

No Anexo II, para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar, no caso de que todos ou algún dos membros computables se opoñan á consulta dos datos deberán indicalo marcando o cadro correspondente e achegar os seguintes documentos xustificativos:

    • DNI ou NIE
    • Declaración do imposto sobre as persoas físicas ou o certificado de tributación de imputacións no exercicio 2019.A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

      Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2019, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

    • Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de ser o caso.
    • Percepción de pensión por incapacidade ou outras causas.
  • Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. No caso de separación ou divorcio deberán achegar a sentenza xudicial e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • No caso de que o/a solicitante non posúa DNI ou NIE deberase acreditar o número de membros computables empregando algún dos seguintes medios:
    • Copia do libro de familia.
    • Certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.
  • Documentación xustificativa nos casos de violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, de ser o caso
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutele ou garda da Xunta de Galicia.

 

IMPORTANTE: Deberá presentarse no centro a copia e orixinal (facemos a copia no centro) para verificar a súa validez. Todos os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, reflectindo a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2019, agás naqueles supostos de violencia de xénero onde se aplicará o disposto na lexislación específica para estes casos.

 

 

PUBLICACIÓN DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E ENTREGA DE VALES

 

  • Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: luns 28 de xuño.
  • Período de reclamación: durante os 2 días seguintes á publicación das listaxes provisionais.
  • Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: venres 2 de xullo.
  • Recollida dos vales para todo o alumnado de Educación Primaria:do 5 ao 7 de xullo no horario de 9:00 a 11:00.

 




blog | by Dr. Radut