E a sorpresa era esta! Unha das mamas do noso centro é xornalista, e non podiamos deixar pasar esta oportunidade sen invitala ao centro a que nos viñera contar todo sobre o mundo do xornalismo.
Tiñamos moitas ganas de que viñera xa que o alumnado tiña unha morea de preguntas que facerlle, e a súa visita foi increíble.
As nosas pequenas e pequenos de infantil puideron descubrir as ferramentas que empregan os xornalistas para traballar e investigamos e buscamos pistas de noticias para continuar coa nosa labor de xornalistas.
O alumnado de primaria estivo a escoitar e a xogar con todas as historias e anecdotas que Vanesa nos quixo contar, descubrindo como era o traballo antigamente dun xornal (coas máquinas de escribir e coas ferramentas máis tradicionais) e como evolucionou ata o día de hoxe coas ferramentas tecnolóxicas actuais.
E como bos xornalistas non pararon de preguntarlle moreas de preguntas sobre a universidade, os seus artigos, as súas experiencias no traballo.
Moitísimas grazas Vanesa por vir ao noso centro e facernos pasar unha xornada tan boa, na que aprendemos e o pasamos ben a partes iguais.