Skip to Content

blogue deCEIP Plurilingüe de Toques

MENÚ NOVEMBRO 2021

COMEZAMOS O PFPP - PLAN DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO

AS MESTRES E MESTRES TAMÉN APRENDEMOS

O noso centro presentou un ano máis un plan de formación permanente do profesorado para desenvolver durante este curso escolar.

Este ano a totalidade do profesorado do centro participará no mesmo, ampliando as liñas de traballo, que durante este curso serán as seguintes:

  • Plan dixital (PDC)
  • Edixgal - Educación dixital
  • Plambe - Plan de mellora das bibliotecas escolares
  • Desenvolvemento sostible e saúde - Contratos programa.

Este martes demos comezo á formación para coñecer como traballar por proxectos, desenvolver o noso PDI e continuar a formarnos nas mellores metodoloxías para por en práctica co noso alumnado e tentar cada día facelo un chiquiño mellor.

Foto do claustro coa docente e relatora ALICIA NIMO. MOITÍSIMAS GRAZAS POLA TÚA AXUDA!

 

TOQUIÑA SEGUE DE VIAXE!

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021

O día 24 de outrubro é o DÍA DAS BIBLIOTECAS, e no noso centro queremos moito á nosa biblioteca. Nela rimos, descubrimos, divertímonos, aprendemos, relaxámonos...unha morea de sensacións xeramos día a día na nosa biblioteca.

Por iso celebramos este día realizando unha gran hora de ler, no que compartimos lecturas e risas cos contos lidos, enchendo o centro de voces murmurantes e pequenas/os lectores, e logo puidemos desfrutar dun mago, grazas ao Concello, organizado para celebrar este día, na Aula da Natureza.

Mago Pedro Bugarín na Aula da Natureza de Toques

Hora de Ler na biblioteca

 

GOING GREEN!

No cole este curso queremos dar un paso máis, e si, as nosas pequenas e pequenos son grandes expertas e expertos en reciclaxe, así o demostrou o alumnado de 1º a 6º de primaria que participaron nas charlas que recibimos este xoves sobre as 3R (reducir, reusar e reciclar) así como realizar compostaxe, algo que pronto comezaremos a facer no centro dentro do proxecto do comedor "Comedor residuos 0".

Alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria

Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria

ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN - EXTRAESCOLAR NA BIBLIOTECA DO COLE

Este mes damos comezo ás extraescolares, e no centro organizamos esta actividade para o alumnado de 1º, 2º e 3º e tamén 4º, 5º e 6º.

Nesta ocasión vemos como o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria comeza a dar os seus primeiros pasos no mundo da robótica e a programación comezando por actividades sinxelas coas que traballar a súa visión espacial, lateralidade e pensamento abstracto, dado que temos que introducir paso a paso o que queremos que faga o noso robot DOC. Traballaremos durante o primeiro trimestre de curso con este tipo de actividades, sacando o maior proveito posible ao noso robot!

 

O alumnado de 4º, 5º e 6º está a traballar do mesmo xeito estes aspectos tan importantes para comezar a traballar a programación co programa web LIGHTBOT, empregando os seus portátiles. Avanzan rápido, pronto poderemos comezar co noso proxecto de DIGICRAFT!

 

MENÚ OUTUBRO 2021

 

PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR O FICHEIRO

Comezamos o noso LECTRÓMETRO!

 

No centro temos moitas e moitos ratiños de biblioteca, e encántalles saber que libros xa leron para aumentar a súa colección.

Por iso creamos este LECTÓMETRO, onde poden ir vendo como sube o número de libros que len e poder recomendarse libros uns a outros.

Agardamos ter que engadir estantes de libros para colorear moi amiudo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut