Skip to Content

blogue deCEIP Plurilingüe de Toques

GOING GREEN!! XA ESTAMOS A TOPE COA RECICLAXE

Xa estamos a tope no centro coa reciclaxe e por fin nos chegou esta illa de reciclaxe pola nosa participación no Plan Proxecta "RECICLATE CON SOGAMA" durante este curso escolar. Este é o primeiro paso para a consecución do obxectivo "COLEXIO RESIDUOS CERO". Sabemos que é complexo pero cada día un pouquiño máis preto!

Illa de reciclaxe cos contedores de PLÁSTICOS (amarelo), PAPEL E CARTÓN (azul), FRACCIÓN RESTO (verde) e ORGÁNICOS (gris).

Axuda visual para saber que vai en cada contedor. (Autor: Mans de ouro)

 

Xa que estamos a aprender moito sobre a regra das 3R( reduce, reutiliza e recicla) creamos no corredor, ao lado da biblioteca,  un expositor con ECO-LECTURAS, que nos axudarán a coñecer máis sobre como podemos por o noso gran de area para o coidado do medioambiente e do noso centro.

 

Estamos comezando a pensar se o que vamos tirar pode ter unha segunda vida, e se non a ten, saber onde tiralo.

 

Grazas a tenda SALACADULA, que nos donou este precioso expositor onde puidemos crear o noso recuncho verde!! 

MENÚ DECEMBRO 2021

 

PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR

25 N - Non á violencia de xénero

Durante esta semana tivemos o pracer de contar no centro con 4 charlas organizadas pola ANPA e desenvoltas polo Pequeno Besbello sobre violencia de xénero, micromachismos e roles de xénero nas que o alumnado de primaria, mediante actividades diversas, puxeron a súa cabeza a funcionar e analizar o mundo que nos rodea e as inxustizas que nel acontecen día a día. Agardamos este tipo de actividades sexan un gran de area para unha sociedade máis igualitaria.

 

O alumnado de infantil pola súa banda estivo a traballar sobre a violencia de xénero mediante o conto "Arturo e Clementina" que explica dunha forma moi clara este concepto tan abstracto aínda para o alumnado máis cativo.

DÍA DA MÚSICA - 22 de novembro de 2021

Hoxe celebrase o día da música, e no centro, grazas ao Concello de Toques que organizou esta actividade, acudimos á Aula da Natureza e puidemos desfrutar dun concerto de música clásica, conocendo da man do grupo Keilin Ensemble a vida e obra do gran músico Tchaikovsky, creador de grande obras como El lago de los cisnes, La Bella durmiente ou El Cascanueces.

Loita contra a Emerxencia Climática - COMANDO CAMBIO

Durante 2 sesións no mes de novembro, o alumnado estivo a participar nunhas charlas organizadas polo CEIDA, chamadas:

 

Afronta o Reto: Loita contra a Emerxencia Climática (Programa Para unha Transición Ecolóxica)

Afronta o Reto: Loita contra a Emerxencia Climática

Os obxectivos destas charlas eran os seguintes:

  • Entender as problemáticas das cales deriva a emerxencia climática e como esta nos afecta.
  • Dar a coñecer os escenarios futuros nos que nos poderiamos atopar de non comezar a actuar de contado.
  • Coñecer as ferramentas que posuímos para mitigalo e revertelo individualmente e como sociedade.

Fotografía da 1º sesión da charla: Porque estamos en emerxencia climática?

Fotografía da 2º sesión da charla: Calculamos a nosa pegada ecolóxica

ARTS & EDIXGAL

QUEN DIXO QUE NON PODEMOS VISITAR UN MUSEO SEN MOVERNOS DA NOSA AULA?

O proxecto EDIXGAL está a cambiar moito a nosa forma de traballar, ofertándonos moitísimas oportunidades e recursos para o alumnado.

Neste caso na clase de ARTS, realizamos unha excursión virtual ao museo Nacional Thyssen-Bornemisza en Madrid, onde visitamos a exposición de GEORGIA O'KEEFFE, pintora e artísta estadounidense que estamos a traballar durante este mes de novembro.

Podedes visitar esta exposición e o museo premento na seguinte ligazón:

Museo Nacional Thyssen-Bornemisza Madrid - GEORGIA O'KEEFFE

MAGOSTO E CONCURSO DE PEÓNS!

MAGOSTO de CEIP PLURILINGÜE DE TOQUES

FORMACIÓN EN SOSTIBILIDADE

Este xoves comezamos a formación do profesoado en sostibilidade. Traballamos a regra das 3R, a economía circular e a compostaxe como ferramentas para por en marcha o proxecto de centro "CENTRO RESIDUOS CERO". É un proxecto a longo prazo e moi ambicioso, no que pouco a pouco tentaremos reducir os nosos residuos a cero, para así por o noso gran de area para o coidado do mediambiente e para facer comprender aos futuros adultos a importancia de coidar o mundo no que vivimos.

Tivemos dous relatores de luxo, GONZALO e CHIQUI, que nos mostraron todas as iniciativas que desenvolven nos seus centros dende fai anos e que sen dúbida puxeron as nosas cabezas a funcionar.

Algúns dos recursos que nos deixaron GONZALO E CHIQUI, MOITAS GRACIAS POLA VOSA EXPERIENCIA!

XA CHEGOU O SAMAÍN!

Alguén se preguntou que andabamos facendo a semana pasada no cole para festexar o Samaín? Aquí tedes un video onde podedes ver un anaquiño do ben que o pasamos a semana pasada!

TOQUIÑA SEGUE DE VIAXE!

Distribuir contido


by Dr. Radut