Skip to Content

Complementarias

BO NADAL! MERRY CHRISTMAS! FELIZ NAVIDAD!

Dende o CEIP Plurilingüe de Toques queremos deserxarvos a todas e todos moi boas festas de Nadal, que sexan uns días de desfrute en familia e que os vosos desexos se cumplan.

Este ano desfrutamos estas semanas dun Nadal diferente pero sen dúbida igual de máxico que sempre, as nenas e nenos son o noso mellor combustible.

 

Agardamos que sexades moi felices nestas datas e deixemos atras un ano no que as cousas se nos puxeron dificiles, empezando un ano novo con mais enerxía que nunca!

Xuntas e xuntos sabemos que podemos con todo.

Unha aperta moi forte de todo o equipo do centro!

 

IT'S SNOWING!

 

 

Hoxe non foi un día calquera, hoxe foi un deses días nos que todo o que tiñamos programado se tirou pola ventá e quedou debaixo dunha morea de neve.

Hoxe desfrutamos doutra forma o noso centro e puidemos ter un deses días que sempre quedan na memoria dos máis pequechos.

Nevou en Toques, e no centro quedaron imaxes como esta!

Boa ponte a todas e todos!

 

 

 

 

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis no centro levamos a cabo actividades para desenvolver nas nosas nenas e nenor conductas e habilidades que lles permitan vivir libres de violencia, aprendendo a reconocela en sí mesmos e cando ven de outras persoas e permitindo deste xeito desenvolver habilidades que repercutan nunha mellora da convivencia na sociedade da que forman parte.

Como parte do proxecto DONAS DE SÍ, este curso creamos unha zona de investigación fixa, o "RECUNCHO DAS MULLERES (IN)VISIBLES" que iremos adicando a diferentes mulleres da historia galega e de outras partes do mundo ao longo do curso escolar. 

Para comezar está ocasión comezamos con Irene González, primeira xogadora galega de fútbol, a primeira de tantas que seguiron despois abrindo o camiño cara a igualdade.

Investigamos na nosa biblioteca escolar e atopamos información sobre ela no libro de "Pioneiras" e a partir de ahí comezamos unha investigación que rematou na creación do noso recuncho.

OBRADOIROS DE IGUALDADE III

Última xornada dos OBRADOIROS DE IGUALDADE pola ANPA do noso centro.

Nesta xornada o alumnado de 1º,2º e 3º de primaria estivo a traballar no obradoiro ilustrando a igualdade.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria estivo a realizar un role play mediante o cal descubriron que significa o teito de cristal e as dificultades que moitas mulleres, aínda a día de hoxe, teñen para conseguir traballar e vivir en igualdade de condicións que os homes, especialmente nalgúns campos laborais.

Sen dúbida é un remate xenial para esta semana adicada ao 25 de novembro e ás diferentes situacións e violencias existentes na nosa sociedade, moitas delas, camufladas inocentemente no noso día a día.

Grazas a ANPA e ao Pequeno Besbello por esta oportunidade para as nosas nenas e nenos!

 

OBRADOIROS DE IGUALDADE II

Continuamos coa segunda xornada dos obradoiros de igualdade programados pola ANPA do noso centro e hoxe:

O alumnado de 1º2º3º de primaria realizou o obradoiro SILUETAS.

O alumnado de 4º5º6º de primaria estivo a analizar as cancións que escoitamos cada día, descubrindo que se nos fixamos na mensaxe descubrimos moitos micromachismos, e, en moitos casos, mensaxes violentas e que dan a imaxe da muller como un obxecto, despersonalizando e infravalorando a este xénero.

Hoxe, día 25 de novembro, é preciso recordar que a violencia sexista ten unhas consecuencias terribles na nosa sociedade e nas nosas vidas e emocións, tanto nas mulleres como nos homes, que tamén sufren as consecuencias do machismo a diario.

Non deixemos que esto continue nas nosas pequenas e nosos pequenos.

 

OBRADOIROS DE IGUALDADE I

A ANPA do noso centro sempre está ahí para ofertar axuda e colaborar con todas nós sempre que fai falta e nesta ocasión non ía ser diferente.

Para favorecer a convivencia no centro e fomentar no alumnado conductas e estratexias que lles permitan vivir libres, felices e libres de violencia, sexa cal sexa a súa orixe, organizaron unha serie de obradoiros de igualdade, levados a cabo por "O pequeno besbello", da man de Andrea e Manú (moitas gracias por todo!).

O noso alumnado coñecerá moita información sobre a violencia de xénero e aprenderá novas estratexias a través de scapes rooms, resolvendo crimes, grabando audios que saldrán en radio Melide e moito máis!

Hoxe estivemos a desfrutar destes obradoiros. O alumnado de 1º2º3º de primaria estivo a traballar nas ondas e o alumnado de 4º5º6º estivo a resolver un misterioro crime e os motivos que esconde.

SEMANA DA CIENCIA 2020

Un ano máis celebramos no centro a Semana da Ciencia, este ano entre o 9 e o 13 de novembro. Este ano non puidemos realizar todas aquelas actividades que nos gustaría pero adaptámonos á situación e enfundamonos na mente de científicas e científicos.

Durante esta semana o alumnado de Infantil e 1º, 2º e 3º de primaria estivo a investigar sobre as propiedades das cores e da luz ultravioleta, sen dúbida desfrutamos un montón!

O alumnado de 4º,5º e 6º facendo uso das nosas ferramentas tic, estivemos a investigar como se traballa nun laboratorio e rematamos realizando un Kahoot sobre todo o aprendido.

 

O muiño de Martín e senderismo polas paisaxes de Toques - PRIMARIA

Comezamos o outono, unha das estacións que máis nos gustan no centro por todos os cambios que vemos na nosa paisaxe e ao noso arredor. Este ano aínda cobra máis importancia pola volta ao cole despois de moitos meses sen poder estar todas e todos xuntos e tamén pola situación sanitaria que aínda estamos a vivir, na que a seguridade e hixiene esta sempre nun primeiro plano. Pero a pesar disto, e mantendo sempre todas as medidas precisas para garantir a seguridade de todas e todos os participantes nas actividades, non queremos deixar pasar esta estación sen desfrutar dela como se merece, polo que vamos a realizar ao longo do mes diferentes actividades: saídas pola contorna para coñecer a nosa paisaxe e as cousas que temos na nosa vila, actividades na biblioteca escolar, celebración nas nosas aulas e biblioteca do Magosto e Samaín...

Este venres demos a saída a estas actividades con unha visita na que visitamos o precioso muiño do noso compañeiro Martín de 4º de primaria que, xunto ao seu pai, foron os nosos relatores e guías durante toda a visita.

Explicáronnos unha morea de cousas: como se fai a fariña, o funcionamento do muiño coa forza da auga do río, curiosidades sobre como era antes a vida e o traballo nos muiños, como se xeraba electricidade para as bombillas que había no lugar...

Aprendemos moitísimo e pasamolo xenial no camiño de ida e de volta atopando castañas, contando contos e, en definitiva, compartindo unha xornada diferente xuntas e xuntos. 

Moitas grazas Martín e familia polo gran día que nos fixéstedes pasar! 

SE PREMEDES EN GALERÍA PODEREDES VER MÁIS FOTOS DA XORNADA. 

Comezo actividades extraescolares no centro

 

 

Mañá, día 7 de outubro de 2020 damos comezo ás actividades extraescolares programadas pola ANPA e o Concello no horario do centro, empregando as súas instalacións.

Este comezo será progresivo, de momento soamente comezará Ioga para Infantil, actividade organizada pola ANPA, e pouco a pouco iremos avisando do comezo das seguintes actividades por ABALAR MÓBIL.

Calquera dúbida chamade ao centro en horario de atención (nesta páxina web, no apartado Secretaría, tedes as horas de atención telefónicas da dirección).

LET'S GO!

Distribuir contido


by Dr. Radut