Skip to Content

BIBLIOTECA PDI: "Toquiña arredor do mundo"

MONTAXE DE MOBLES DE MADEIRA NA BIBLIO

Unhas das frases que máis se pode escoitar nos corredores do noso centro do alumnado de 4º,5º e 6º de primaria é "Profe podemosche axudar en algo?", "Profe! Que hai que estouciñar?".

E desta volta tiñamos uns estantes para montar para a nosa biblioteca escolar, e que mellor que montalos todas e todos xuntas/os? Lemos as instruccións, repartimos o traballo e tiñamos todo listo nun momento.

O mellor de todo? O orgullo do traballo ben feito e o ben que van quedar os nosos libros nestas baldas.

Grazas rapazas e rapaces, sodes xeniais!!

O Samaín e o Halloween chegan a nosa biblioteca!!

Esta semana comezamos coa celebración do Samaín e Halloween no centro, e como non podía ser doutra forma a nosa biblioteca ten preparadas actividades para desfrutar nos tempos de lecer. Atentas/os as propostas deste ano!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A NOSA BIBLIOTECA XA ESTÁ LISTA!

Xa vós contaramos que a nosa biblioteca estaba toda patas arriba e cabeza abaixo...

Necesitábamos facerlle moitos cambios este curso para, por un lado, adaptar a biblioteca á nova situación sanitaria, e por outro lado, para facela máis accesible e máis agarimosa para as nosas nenas e nenos.

Pero logo de moito traballo (xirar os estantes, poñerlles rodas, expurgar libros, un puff por aquí e outro por alá...) xa a temos lista para comezar a nosa nova andaina (aínda queda moito traballo nela), e a gran reapertura será para o festexo do Samaín e Halloween!

Ela xa está preparada, só faltamos nós!

NON NÓS PODE GUSTAR MÁIS!

Que esta pasando na nosa biblioteca?

Que estará pasando na nosa biblioteca? Está toda patas arriba!! Quizaís ten que ver con que este curso escolar a nosa biblioteca entrou no PLAMBE (Plan de mellora das bibliotecas escolares), proxecto co cal dinamizaremos aínda moito máis este espazo tan fundamental do noso centro.

Como punto de partida comezamos por expurgar libros, reorganizar os recunchos e adaptar o mobiliario para que os nosos libros sexan máis accesibles para todas e todos. Ah! E non nos esquezamos que vamos ampliar a biblioteca escolar a outra aula do centro adaptada ao alumnado de educación infantil.

Pronto saberemos como quedou a nosa biblioteca, que abriremos para o día das Bibliotecas escolares o 24 de outubro. Que ganas de ver o resultado final!

SOMOS CENTRO PLAMBE!

 

Segundo a resolución provisional do plan de melloras de bibliotecas escolares convocato para o vindeiro curso escolar 2020-2021, o noso será un dos centros admitidos e participantes neste proxecto, que sen dúbida axudará e dará un gran impulso á nosa biblioteca escolar para que cada día todas e todos os que formamos esta comunidade educativa poidamos desfrutar do seu servizo e recursos.

Non podemos estar máis contentas/os con esta nova. Podedes acceder á resolución provisional onde se especifica a dotación orzamentaria premendo na imaxe a continuación.

 

DÍA DO LIBRO 2020 - NADARÍN!

A pesar de non poder estar xuntas e xuntos para celebrar o día do libro no cole non nos damos por vencidas/os e decidimos crear este videoconto para que desfrutedes tanto coma nos deste libro, que nesta situación cobra máis sentido ca nunca. Todas e todos xuntas/os podemos lograr o que nos propoñamos! 

Celebremos o DÍA DO LIBRO! - Lecturas compartidas

Hoxe, 23 de abril celebrase o Día Internacional do Libro!

E que mellor maneira que facendo lecturas compartidas. O alumnado de Infantil e 1º,2º e 3º estarán a traballar estes días para poder leer un conto todas/os xuntos a pesar de ter que estar nas nosas casas.

Pronto veremos o resultado! Que conto será?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut