Ola! Recordades o libro e a revista do proxecto do centro? Pois hoxe presentamos o vídeo documental que ofrece un bo resumo de ambos os documentos, aportando ademais o aspecto visual que non se percibe na linguaxe escrita.
Dende o claustro do colexio de Toques agardamos que sexa do voso agrado e que sexan conscientes de que as nenas e nenos son os verdadeiros axentes de cambio, xa que ademais demostraron ser moi capaces.
En hora boa e feliz verán a todas e todos os que conformamos a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Toques.
Premede na imaxe para coñecer os libros de texto que se empregarán no curso 2022-2023 en Ed.Infantil e Ed. Primaria. Tamén está publicada a listaxe no taboleiro exterior do centro para a súa comprobación e as librerías de Melide dispoñen da información polo que podedes acudir directamente a elas.