Skip to Content

Complementarias

A NOSA HORTA ESCOLAR

Xa temos en marcha o noso invernadoiro escolar dende fai unhas semanas e non podemos estar máis contentas e contentos! Se queredes botar un ollo ao que andamos a facer nel iremos colgando imaxes e novidades das nosas plantiñas!

 

 

OBRADOIROS E VISITAS DAS FAMILIAS - SEMANA DA PRENSA. VANESA, XORNALISTA

E a sorpresa era esta! Unha das mamas do noso centro é xornalista, e non podiamos deixar pasar esta oportunidade sen invitala ao centro a que nos viñera contar todo sobre o mundo do xornalismo.

Tiñamos moitas ganas de que viñera xa que o alumnado tiña unha morea de preguntas que facerlle, e a súa visita foi increíble.

As nosas pequenas e pequenos de infantil puideron descubrir as ferramentas que empregan os xornalistas para traballar e investigamos e buscamos pistas de noticias para continuar coa nosa labor de xornalistas.

O alumnado de primaria estivo a escoitar e a xogar con todas as historias e anecdotas que Vanesa nos quixo contar, descubrindo como era o traballo antigamente dun xornal (coas máquinas de escribir e coas ferramentas máis tradicionais) e como evolucionou ata o día de hoxe coas ferramentas tecnolóxicas actuais.

E como bos xornalistas non pararon de preguntarlle moreas de preguntas sobre a universidade, os seus artigos, as súas experiencias no traballo.

Moitísimas grazas Vanesa por vir ao noso centro e facernos pasar unha xornada tan boa, na que aprendemos e o pasamos ben a partes iguais.

SEMANA DA PRENSA 2021 - MARÍA LUZ MORALES

SEMANA DA PRENSA

Esta semana estamos a conmemorar no centro a SEMANA DA PRENSA.

O alumnado de primaria durante esta semana está a traballar coa prensa escrita, e tamén coa dixital, coñecendo máis sobre o funcionamento dun xornal, as partes dunha noticia, os recursos expresivos, analizando noticias...

O alumnado de Ed. Infantil tamén está a participar nesta conmemoración no centro e estivo a simular ser xornalistas, co seu carnet e co seu micrófono, realizando entrevistas e preguntas as súas compañeiras e compañeiros. Están feitos uns auténticos xornalistas!

Ademais, xunto con esta conmemoración e polo 8 de marzo adicamos o noso mural estático de "MULLERES INVISIBLES" para por en valia o traballo de MARÍA LUZ MORALES, a primeira muller galega directora dun xornal. Desta volta foi o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria as/os encargadas/os de investigar máis sobre a vida e traballo desta gran muller, creando o noso propio xornal "A VOZ DE TOQUES" onde todas as noticias e pasatempos versan sobre esta figura tan importante na historia feminina galega.

 

E O VENRES AGÁRDANOS UNHA SORPRESA!

QUÉN VIRÁ AO CENTRO?

Comezamos de novo coas actividades extraescolares e ampliamos!

Damos comezo de novo as actividades extraescolares no hoario habitual.

Como novidade, incorporamos dúas actividades máis: Ilustración (actividade organizada pola ANPA) e Digicraft, proxecto de programación que comezará a desenvolverse en poucas semanas desenvolto polo centro. 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - 24 FEBREIRO 2021

Hoxe, 24 de febreiro conmemoramos nos centros escolares galegos o día de ROSALÍA DE CASTRO, unha das autoras máis claves da literatura galega, como moitas outras mulleres do pasado, do presente e de seguro do futuro, deixou unha impronta na historia que non debe ser esquecida xamais.

Este ano, para conmemorala o alumnado está a realizar tarefas artísticas (realización dun mural nunha das paredes de entrada ao centro) e audiovisuais (creación dunha animación dun poema de Rosalía empregando a técnica de STOP MOTION).

Pero como nos gusta o traballo ben feito, e somos moito de darlle voltas, estamos a demorarnos no remate, pero deixamósvos aquí un trailer adianto da película que o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria está a coordinar e no que todo o alumnado do centro está a formar parte.

Non vós perdades o estreo da película final!

XOVES DE ENTROIDO!

E para as trasnadas do Farruco rematar, o xoves...

E SE O VENRES

CON NÓS QUERES TROULEAR

DISFRAZADO DA PERSONAXE QUE QUEIRAS SER POR UN DÍA

HAS DE CHEGAR!!

MÉRCORES!!

CHEGOU O ENTROIDO!

SE NESTE ENTROIDO QUERES DESFRUTAR

OS SEGUINTES MANDATOS DEBERAS RECITAR.

HAI UNHA COUSA IMPORTANTE QUE DEBEDES SABER

ISTO ACUMULATIVOÍMOLO FACER!!

 

PARA COMEZAR O LUNS....

 

DÍA DA PAZ 2021- UN NENO, UN MAESTRO, UN LIBRO E UN LÁPIZ PODEN CAMBIAR O MUNDO

Este ano para celebrar o día da Paz no noso centro estivemos a investigar e coñecer mais sobre a vida de Malala, premio Nobel da Paz no 2014.

Por iso o noso recanto deste curso adicado as mulleres InVisibles se preparou para recopilar todo o traballado ao longo da semana de Malala Yousafzai.

O mural colaborativo coas investigacións, manualidades e debuxos realizados entre os diferentes cursos de infantil e primaria xa decora o noso corredor e reivindica o gran papel que ten a educación para construir sociedades pacificas, valorando a diversidade e respectando as diferencias como unha riqueza de todas e todos.

Distribuir contido


by Dr. Radut