Skip to Content

Complementarias

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2022!!

25 N - Non á violencia de xénero

Durante esta semana tivemos o pracer de contar no centro con 4 charlas organizadas pola ANPA e desenvoltas polo Pequeno Besbello sobre violencia de xénero, micromachismos e roles de xénero nas que o alumnado de primaria, mediante actividades diversas, puxeron a súa cabeza a funcionar e analizar o mundo que nos rodea e as inxustizas que nel acontecen día a día. Agardamos este tipo de actividades sexan un gran de area para unha sociedade máis igualitaria.

 

O alumnado de infantil pola súa banda estivo a traballar sobre a violencia de xénero mediante o conto "Arturo e Clementina" que explica dunha forma moi clara este concepto tan abstracto aínda para o alumnado máis cativo.

DÍA DA MÚSICA - 22 de novembro de 2021

Hoxe celebrase o día da música, e no centro, grazas ao Concello de Toques que organizou esta actividade, acudimos á Aula da Natureza e puidemos desfrutar dun concerto de música clásica, conocendo da man do grupo Keilin Ensemble a vida e obra do gran músico Tchaikovsky, creador de grande obras como El lago de los cisnes, La Bella durmiente ou El Cascanueces.

MAGOSTO E CONCURSO DE PEÓNS!

MAGOSTO de CEIP PLURILINGÜE DE TOQUES

XA CHEGOU O SAMAÍN!

Alguén se preguntou que andabamos facendo a semana pasada no cole para festexar o Samaín? Aquí tedes un video onde podedes ver un anaquiño do ben que o pasamos a semana pasada!

TOQUIÑA SEGUE DE VIAXE!

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021

O día 24 de outrubro é o DÍA DAS BIBLIOTECAS, e no noso centro queremos moito á nosa biblioteca. Nela rimos, descubrimos, divertímonos, aprendemos, relaxámonos...unha morea de sensacións xeramos día a día na nosa biblioteca.

Por iso celebramos este día realizando unha gran hora de ler, no que compartimos lecturas e risas cos contos lidos, enchendo o centro de voces murmurantes e pequenas/os lectores, e logo puidemos desfrutar dun mago, grazas ao Concello, organizado para celebrar este día, na Aula da Natureza.

Mago Pedro Bugarín na Aula da Natureza de Toques

Hora de Ler na biblioteca

 

GOING GREEN!

No cole este curso queremos dar un paso máis, e si, as nosas pequenas e pequenos son grandes expertas e expertos en reciclaxe, así o demostrou o alumnado de 1º a 6º de primaria que participaron nas charlas que recibimos este xoves sobre as 3R (reducir, reusar e reciclar) así como realizar compostaxe, algo que pronto comezaremos a facer no centro dentro do proxecto do comedor "Comedor residuos 0".

Alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria

Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria

ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN - EXTRAESCOLAR NA BIBLIOTECA DO COLE

Este mes damos comezo ás extraescolares, e no centro organizamos esta actividade para o alumnado de 1º, 2º e 3º e tamén 4º, 5º e 6º.

Nesta ocasión vemos como o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria comeza a dar os seus primeiros pasos no mundo da robótica e a programación comezando por actividades sinxelas coas que traballar a súa visión espacial, lateralidade e pensamento abstracto, dado que temos que introducir paso a paso o que queremos que faga o noso robot DOC. Traballaremos durante o primeiro trimestre de curso con este tipo de actividades, sacando o maior proveito posible ao noso robot!

 

O alumnado de 4º, 5º e 6º está a traballar do mesmo xeito estes aspectos tan importantes para comezar a traballar a programación co programa web LIGHTBOT, empregando os seus portátiles. Avanzan rápido, pronto poderemos comezar co noso proxecto de DIGICRAFT!

 

STREAMING LETRAS GALEGAS - VI LINGUAFOLK

 

No seguinte enlace poderedes ver en streaming a VI edición do LinguaFolk, organizada polo Concello de Toques co gallo das Letras Galegas, no que as nosas cativas e cativos participan contándonos moitas curiosidades da autora homenaxeada este ano, XELA ARIAS, así como outras actividades musicais como un rap e recital de poesía traballado estas semanas nas aulas. 

Non volo perdades!!

 

 

Podedes premer nas seguintes ligazóns:

https://fb.watch/5vDDkNfGHh/

https://youtu.be/825WV_G8pW8

Distribuir contido


by Dr. Radut