Skip to Content

blogue deCEIP Plurilingüe de Toques

Imprimir tarefas escolares

AXUDAS DIRECTAS AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR

AXUDAS DIRECTAS AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DO 31 DE MARZO AO 6 DE ABRIL

 Segundo a Orde do 27 de marzo de 2020, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre unha convocatoria para solicitar axudas de compensación do custo do menú diario para o alumnado usuario do servizo de comedor dos centros educativos de ensinanzas obrigatorias. O outorgamento das axudas realizarase de xeito directo, sen concorrencia competitiva.

 

Destinatarios

  • As axudas van dirixidas ás familias do alumnado usuario do comedor que teñan gratuidade total ou as que son pagadoras de 1€.

  • No caso de usuarios que teñan a gratuidade total do comedor recibiran un aboamento de 2,50€ por día, e no caso do usuarios que deban abonar 1€ recibiran unha compensación de 1,50€ día.

  • Este 1º pagamento realizarase polo período do 16 de marzo ata o 3 de abril. No caso de prorrogarse a situación do Estado de Alarma realizaríase un 2º pagamento cos días a compensar.

 

Presentación de solicitudes

 A presentación pódese facer das seguintes formas:

 

Rematado o prazo de presentación ( o 6 de abril) a resolución das solicitudes presentadas sairá nun máximo de 10 días. Logo da publicación da resolución os pagos realizaranse nun período máximo de 5 días.

NOTIFICACIÓN CUALIFICACIÓNS DA 2º AVALIACIÓN

Tendo en conta ás novas restricións do Estado de Alarma decretado polo Goberno nas últimas horas, a dirección do centro entende que o xeito máis seguro para a entrega dos boletíns de cualificación da segunda avaliación é telemáticamente.

Tendo isto en conta, para consultar as notas das vosas fillas e fillos debedes acceder a ABALAR MÓBIL, quedando así por notificadas.

Se algunha familia aínda ten problemas para acceder a ABALAR MÓBIL que chame ao centro para solucionar o problema (o problema a veces simplemente é que non está o teléfono co que queremos acceder actualizado na base de datos).

Aquí estamos para calquera problema técnico ou dúbida que teñades.

As cualificacións serán publicadas en Abalar Móbil o venres 30 de marzo as 10:00h.

OLLA O PAPAGAIO

Se queres botarlle un ollo aos números antigos do Papagaio, podes acceder ao seu formato dixital premendo na seguinte imaxe. Desfrutade!

As nosas nenas e nenos mandan mensaxes

Todo o alumnado do CEIP Plurilingüe de Toques esta concienciado con que temos que frenar o avance do virus.

Un dos nenos de Infantil mándavos esta mensaxe para todas e todos.

Moito ánimo! Xa queda menos!

 

SUSPENSIÓN TEMPORAL DA ACTIVIDADE LECTIVA NOS CENTROS DE ENSINO

A Xunta de Galicia emite un comunicado para o cese das actividades lectivas, complementarias e extraescolares nos centros de ensino da comunidade, durante 14 días naturais, comezando o luns 16 de marzo. 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de informarnos das medidas que serán de aplicación nos centros educativos, as que podedes acceder premendo na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Así mesmo, a actualización destas medidas iniciais foi colgada na mesma dirección web, especificando instruccións máis concretas para a organización dos centros escolares. 

O profesorado seguiremos a facer un seguimento telemático do alumnado, e todas aquelas familias que o desexen poden contactar co centro empregando as ferramentas que temos para ese fin:

  • Tlf: 881 96 04 00
  • Correo electrónico: ceip.toques@edu.xunta.es
  • Abalar Móbil: para mensaxería co profesorado e titoras/es.
  • Aula Virtual: subiremos as tarefas para que as realice o alumnado mentres dure a suspensión.
  • Outras directrices dos titores/as de cada grupo.

 

Deixamos tamén unha infografía con información relevante e de interese para a comunidade educativa. Gracias pola vosa colaboración. Manterémosvos informadas/os.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS APLAZADA

Lamentamos comunicar que a Xornada de portas abertas que estaba preparada para o día 16 de marzo é cancelada dadas as medidas de prevención tomadas nas últimas horas pola Xunta de Galicia e as Consellerías de Sanidade e Educación. 

Volveremos propor unha data para a visita ao centro cando cese a suspensión da actividade escolar. 

Gracias de anteman. 

Día da Paz 2020

DÍA DA PAZ 2020

 

 Este ano o día da Paz adicamosllo as emocións, a pensar en todas as inxustizas e discriminacións que acontecen día a día na nosa sociedade e ao noso arredor.

Creamos o noso mural de "Gotiñas da Paz" co que queremos que todos os nosos bos desexos sexan gotiñas que sumen no noso día a día.

Logo vimos curtametraxes que nos fixeron pensar en como a veces nos comportamos, como nos sentimos ante as inxustizas hacia nós ou hacia outras persoas, como a veces temos que poñernos no sitio dos demais para saber como se sinten.

Podedes ver a continuación dúas das curtas que traballamos na aula. 

TEMOS NOVO XORNAL NA BIBLIOTECA!

A partir de hoxe, temos novidades na nosa Biblioteca!

TEMOS NOVO XORNAL!

Trátase do xornal O Papagaio, e tal e como se describen na súa páxina web, este é un xornal para a xente miúda, impreso en papel reciclado e a cor. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual, e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura...

Os contidos das seccións están supervisados por especialistas na materia e ilustrados por diferentes autores e autoras. 

O obxectivo do xornal é que as nenas e nenos se interesen pola ciencia, a ecoloxía, a historia ou a arte, entre outras, dunha forma amena e divertida.

Anímate a vir ata a nosa biblioteca e bótalle un ollo!

Tamén podes ir a súa páxina web premendo na seguinte imaxe:

Distribuir contido


by Dr. Radut