Skip to Content

AUTODECLARACIÓN COMEDOR ESCOLAR 24-25

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR - Curso 2024/2025

O prazo de presentación das autodeclaracións para empregar o servizo de comedor escolar do vindeiro curso escolar esta en activo ata o comezo do curso escolar. Os prezos calcularánse a partir do exercicio do 2023. 

Formas de presentación:

  • Escaneada a solicitude e documentación adxunta ao correo ceip.toques@edu.xunta.gal
  • Presencialmente no centro ata o 10 de setembro.

 

As solicitudes xa foron enviadas polo alumnado. Se precisades outro documento podedes solicitalo ao centro. A continuación tedes para descargar a explicación para calcular a renda per cápita familiar para cubrir e presentar no centro:

EXPLICACIÓN PARA CALCULAR A RENDA PER CÁPITA

 

FONDO LIBROS: axudas para libros de texto, material escolar e participación no fondo solidario de libros CURSO 2024/2025.

FONDO LIBROS

SOLICITUDES DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR, LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2024/2025

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

QUEN PODE PRESENTAR SOLICITUDES?

- Fondo solidario de libros de texto a 3º, 4º, 5º e 6º  de educación primaria. 

- Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de educación primaria.

- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

No caso de irmáns no mesmo centro, presentarase unha única solicitude.

Edixgal: (no noso centro o alumnado de 5º e 6º participa no proxecto EDIXGAL polo que só opta ao vale de material escolar).

 

COMO PRESENTAMOS AS SOLICITUDES?

As solicitudes poderanse presentar dos seguintes xeitos:

  • Mediante a aplicación FONDO LIBROS. Hai un manual de instrucións no aplicativo.
  • Presentación no centro: presentación no centro do procedemento ED330B debidamente asinados xunto coa documentación precisa.

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024.

Os libros de texto de 3º e 4º de primaria deberán ser devoltos antes do 21 de xuño de 2024.

QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE PRESENTAR?

  • Solicitude ED330B (preme para descargar)
  • DNI ou NIE
  • Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de ser o caso.
  • Percepción de pensión por incapacidade ou outras causas de ser o caso.
  • Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. No caso de separación ou divorcio deberán achegar a sentenza xudicial e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.
  • No caso de que o/a solicitante non posúa DNI ou NIE deberase acreditar o número de membros computables empregando algún dos seguintes medios:
    • Copia do libro de familia.
    • Certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Documentación xustificativa nos casos de violencia de xénero de ser o caso.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, de ser o caso
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

PUBLICACIÓN DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E ENTREGA DE VALES

  • Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas:24 de xuño.
  • Período de reclamación: durante os 2 días seguintes á publicación das listaxes provisionais.
  • Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas: 27 de xuño.
  • Recollida dos vales para todo o alumnado de Educación Primaria:Poderán recoller os vales o día 28 de junio. Se non son recollidos ese día poderán ser recollidos a partir do 1 de setembro. 

PREMA PARA DESCARGAR UN DOCUMENTO VISUAL QUE VOS VAI AXUDAR A CUBRIR AS SOLICITUDES NA CASA OU DO XEITO QUE ESCOLLÉRADES. CALQUERA DÚBIDA PODEDES ENVIAR CORREO TAMÉN AO CENTRO.

RESUMO DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO DE CENTRO 2021-2024

 

PDI - MUDANDO O RUMBO

Neste pequeno resumo, que podedes ver clicando na imaxe, queremos deixar unha moi breve constancia do traballo realizado durante estes últimos cursos, 2021/2022, 2022/2023 e este no que estamos, 2023/2024.

Tres anos nos que fomos aprendendo xuntas e xuntos a traballar dun novo xeito, a implementar novas ferramentas e actividades nas aulas e coas que seguiremos traballando nun novo proxecto a partir do vindeiro curso.

Que novas aventuras nos proporá Toquiña?

LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN 24/25

 

AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 24/25 ESTÁN XA PUBLICADAS NA SECRETARÍA DO CENTRO.

AS FAMILIAS SOLICITANTES REVISADE O VOSO CORREO ELECTRÓNICO PARA LER A MENSAXE ENVIADA DO CENTRO (SE NON TEDES NADA NA BANDEXA DE ENTRADA NIN EN SPAM AVISÁDENOS).

 

O PRAZO DE RECLAMACIÓN Á LISTAXE PROVISIONAL VAI DO 8 AO 12 DE ABRIL.

AS LISTAXES DEFINITIVAS SAIRÁN O VENRES 19 DE ABRIL.

MENÚ ABRIL 2024

ADMISIÓN CURSO 2023-2024

ADMISIÓN PARA O CURSO 2024 - 2025

Quen debe facer a solicitude?

  • O alumnado de nova escolarización para o curso 2024-2025, nados no ano 2021.
  • Aquel alumnado que estea cursando xa estudos nun centro e que queira cambiar de centro debe realizar as súas solicitudes neste prazo.

Prazo de presentación de solicitudes

  • Do 1 ao 20 de marzo.

Métodos de presentación da solicitude

  • Presentar o impreso ED550B escrito a man ou a ordenador na dirección/secretaría do noso centro.
  • Presentar o impreso ED550B creado mediante a aplicación admisión/alumnado na dirección/secretaría do noso centro.
  • Presentar a solicitude (o impreso ED550B) en Sede Electrónica a través da propia aplicación.

PREME AQUÍ PARA DESCARGAR O IMPRESO ED550B CASTELÁN

PREME AQUÍ PARA DESCARGAR O IMPRESO ED550B GALEGO

Horario de dirección/secretaría para a presentación de documentos

  • De luns a mércores de 15:30 a 16:30 da tarde.
  • Martes: de 10 a 11 da mañá.

Documentación a aportar xunto coa solicitude

  • Solicitude: Anexo II procedemento ED550B (dispoñible para descargar nesta publicación, no centro, na aplicación ou na sede electrónica)
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumnado.
  • Fotocopia da cartilla de vacunación da/o alumna/o.
  • Informe médico.
  • Dúas fotos da/o alumna/o tamaño carné.
  • Fotocopia do DNI do alumnado (se dispón del).
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores, titores legais ou responsables.
  • De ser o caso, resolución xudicial de separación ou divorcio.
  • Calquera outra documentación ou información que se considere relevante a efectos persoais ou para o xustificar no baremo de ser o caso. 

Información importante

  • Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar.
  • O incumprimento deste primeiro punto pode conlevar á perda dos dereitos de prioridade que puidera ter a/o alumna/o no centro por duplicidade de presentación.
  • O alumnado que actualmente está escolarizado no centro ten garantida a súa continuidade no mesmo. Se algún quixera cambiar de centro deberá presentar a solicitude de admisión no centro ao que queira trasladarse e comunicar este feito no centro de orixe, no que actualmente cursa estudos a/o alumna/o.
  • O alumnado que queira presentar solicitude de admisión noutro centro distinto no que ten reservada a praza, deberá realizar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (1 de marzo).

 

Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de Educación Infantil e Primaria informamos ás familias dos servizos e prazas existentes actualmente no centro: 

 

 

Área de escolarización do centro: concello de Toques.

 

Centros adscritos: IES de Melide (secundaria).

Servizos complementarios do centro:

  • Comedor (14:45 a 15:30h).
  • Transporte escolar (entrada no horario escolar e saída as 16:30h) ofertado pola Consellería de Educación. 

TODAS AS DÚBIDAS SERÁN SOLUCIONADAS NO CORREO ceip.toques@edu.xunta.gal.

 Vacantes para o curso 2023-2024

MENÚ COMEDOR FEBREIRO 2024

Reserva de praza para o alumnado de 6º de primaria para continuar estudos no IES DE MELIDE

Reserva de praza para continuar estudos en Ed. Secundaria para o alumnado de 6º de primaria para o curso 2024-2025

Destinatarios:

  • Alumnado matriculado no CEIP Plurilingüe de Toques no presente curso escolar que pretente continuar estudos no centro de adscrición "IES de Melide" para o curso 2024-2025.

Prazo de presentación das solicitudes

  • Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ambos inclusive).

Como podemos facer a presentación da solicitude?

  1. Presencialmente na dirección-secretaría do noso centro.
  2. A través da aplicación "admisión alumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Onde consultar toda a información?

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

PREME PARA DESCARGAR IMPRESO DE RESERVA DE PRAZA

MENÚ XANEIRO 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut