Skip to Content

DEPORTE ESCOLAR

Os días 12, 20 e 26 de Marzo os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º curso de primaria participaron no campeonato comarcal de voleibol.

  • O día 12 de marzo a competición tivo lugar no noso cole CEIP de TEIXEIRO.
  • O día 20 de marzo acudimos o CEIP de PRÉSARAS.
  • O día 26 de marzo celebrouse no CEIP de CESURAS.

As xornadas de convivencia consisten en partidos entre os distintos colexios anteriormente citados e despois xantar nos comedores escolares destes centros educativos.

A continuación deixamosvos unhas fotos para que lles votedes un vistazo.

Un saúdo e ata a próxima.

FAI CLIC NA IMAXE

ANIVERSARIOS 4 ANOS (2º trimestre)

Como xa comentamos noutra entrada na web o último venres de cada mes celebramos na escola os aniversarios dos nenos/as que estiveron de cumple ese mes . Os nenos/as trouxeron tortas, zumes e bombóns para facer unha festa na aula e sopramos as velas cos nosos compañeiros/as.

CANTAMOS E BAILAMOS, PASÁMOLO XENIAL!!

se queres ver os deste 2º trimestre FAI CLIC NA IMAXE

ANIVERSARIOS 3 ANOS (2º trimestre)

Os aniversarios da aula de 3 anos como xa comentamos noutra entrada celébranse conxuntamente o último venres de cada mes. Os nenos/as deste 2º trimestre convidaron así os seus compañeiros/as e pasámolo moi ben. Os demáis agasallámolos cun "libriño de aniversarios".

 

PASÁMOLO XENIAL!!! (AMARA e AIXA deste 2º trimestre)

FAI CLIC NA IMAXE

DÍA DO LIBRO (23 de Abril)

Álbum: 3.1.Conmemoracións /celebracións e outras actividades -> DÍA DO LIBRO (23 ABRIL 2019)

(FAI CLIC NA IMAXE)

O martes 23 de abril celebramos no colexio o Día do Libro realizando diversas actividades:

  • lemos un capítulo de Don Quijote de la Mancha para niños para recordar a figura de Cervantes e da súa grande obra;
  • montamos un mural con traballos de libros lidos ao longo do curso polos diferentes cursos;
  • vimos vídeos de Don Quijote;
  • cantamos cancións de Don Quijote;
  • elaboramos marcapáxinas relacionadas co proxecto "Pequenos Pintores".

 Unido a esta celebración, o día 24 de abril recibimos a visita da escritora Ánxela Loureiro para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Os cursos restantes asistiremos a unha sesión de contacontos o día 30 de abril.

Recordade:

"A lectura é a fábrica da imaxinación", como di Carmen Posadas.

 

 (FAI CLIC NA IMAXE PARA VER A SELECCIÓN DE CONTOS E LIBROS) 

 

 

 

EDUCANDO CON MALIBÚ (1º e 2º de Primaria)

Álbum: Educación Primaria -> EDUCANDO CON MALIBÚ 1º e 2º

(FAI CLIC NA IMAXE)

O día 4 de abril, tivemos unha visita moi especial no cole.

Tivemos a sorte de coñecer a Malibú, unha cadeliña que foi abandonada e agora vive en Xanceda.

Ensinounos, aos nenos/as de 1º e 2º de Primaria, moitas cousas importantísimas e que non debemos esquecer nunca.

Por exemplo, aprendemos as razón pola que a xente abandona aos cans, a importancia de coidar ben ás nosas mascotas, ou como debemos actuar se atopamos a un can abandonado.

A canciña Malibú foi unha profe estupenda!

Esperamos que nos volva visitar prontiño!

Distribuir contido


by Dr. Radut