No DOG do 20 de maio de 2019 publícase a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020.
No curso 2019/2020 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria.
Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na web do centro e no portal da Consellería: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/PaxinaInicio.action
O prazo para a presentación das solicitudes remata o 21 de xuño de 2019, inclusive.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Neste caso a solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro.
No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para Educación Primaria:
-Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros
-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros
Para os efectos de renda terase en conta o exercicio fiscal do ano 2017 e para as circunstancias familiares a alegar serán a composición familiar a 31 de decembro de 2017.
No caso das axudas para a compra de material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, o umbral é a renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.
Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2017, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 415) e a base impoñible do aforro (recadro 435); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar, ter devolto os libros, ben utilizados do mesmo fondo o ano pasado, ben adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros de texto.
Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto. A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.