Aclaracións para as familias que entregaron a solicitude de admisión para o vindeiro curso 24-25:
- O 25 de abril colgarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional de alumnado admitido.
- O 15 de maio colgarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnado admitido.
- O proceso de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Xa comunicaremos os documentos que hai que entregar neste proceso.
- Finalmente non haberá que baremar polo que as familias do alumnado que entregaron a solicitude de admisión non debe facer ningún trámite máis ata o proceso de matrícula.