Polo Nadal as nenas e nenos de infantil fixemos tres adornos: un reciclando as nosas caixas de cartón, unha bola para a árbore con doces dentro e un boneco de neve coas letras do noso nome.
Os nenos de sexto escribiron unha carta, que na aula TIC redactaron entre todos e logo personalizaron, para remitir aos maiores do Concello, deseñando o seu propio selo e ademais fixéronlles un adorno e unha postal.
Fixemos unha postal que dentro tiña unha foto nosa, decorada de Nadal, que fixemos cunha app, e escribimos unha carta para o Apalpador pedindo un agasallo para un compañeiro.
Tamén fomos ao cine e celebramos o fin de ano no cole.e a,demais coa profe Iria aprendemos como funciona o plotter e decoramos bolas de Nadal cos nosos nomes e ademais fixemos un adorno para regalar ás persoas que cada día limpan os espazos do centro
No Nadal compartimos un xoguete cos compañeiros, tratando que isto nos axude a valorar o que teñen e tratando de que sexan conscientes da necesidade de evitar o consumismo.
Para rematar o primeiro trimestre e iniciar as merecidas vacacións de Nadal fomos ao cine, como xa é tradición, e fixemos unha despedida de ano adiantada.