Skip to Content

Educación física

TURONIA 2024!

 

O pasado 6 e 7 de xuño, o alumnado de sexto de educación primaria realizou o xa clásico Turonia na edición 2024. Esta actividade xuntou aos cinco coles de Sobrada, Tebra, Barrantes, Caselles e Goián para realizar a actividade do Turonia.

O xoves, na primeira xornada, o alumnado realizou unha ruta en bici saíndo do colexio Pedro Caselles ata chegar ao punto de inicio da andaina do día, a Chan do Cereixo. Ao mediodía xantouse no Gampuzana, onde se realizaron actividades de orientación. Finalmente, a andaina proseguiu ata o colexio de Barrantes, onde rematou a primeira xornada, iso si, despois de instalar as tendas de campaña e ter unha xornada musical para rematar o día.

O segundo día iniciou coa ruta en bici, saíndo de Barrantes, que nos levou ata Goián. Despois de facer unha parada para merendar, onde realizamos actividades como o slackline ou a análise de macroinvertebrados. Finalmente, rematou a tarefa de Turonia coa actividade de piraguas, onde o alumnado rematou indo a ruta de bici ata o colexio Pedro Caselles. Esta xornada foi moi activa para todo o alumnado, sendo un éxito na participación de todos, como punto para despedir de forma activa o curso 2023-2024.

Ademais, os máis pequenos do cole tamén fixeron unha saída o venres 7 para conmemorar o mini Turonia, onde realizaron unha ruta circular nas inmediacións do colexio de Tebra.

XORNADA DE ATLETISMO PARA 5º CURSO

 

O 23 de maio o alumnado de 5º participou na xornada intercentros de atletismo organizada pola agrupación AGRUDEBAM e os centros educativos (Tebra, Caselles, Altamira, Goián, etc). O alumnado participou en diferentes especialidades das disciplinas do atletismo:

- Relevos 4x60m.

- Velocidade 60m.

- Lanzamento de peso (2kg).

- Lanzamento de vortex.

- Salto de lonxitude.

Foi unha xornada marcada polo bo tempo e onde todo o alumnado puido participar de forma activa :D

DINAMIZACIÓN DEPORTIVA CON PAZOS DE REIS

Este luns 29 de abril recibimos no centro ao cole de Pazos de Reis co que o noso alumnado de 3º e 5º de primaria realizou unha xornada deportiva onde ambas escolas xogaron xuntas. A actividade serviu para coñecer a novos nenos/as e desfrutar a través dos diversos deportes practicados. ghmghmdgdrg

FIGHTING GAMES

O xoves 4 de abril o alumnado de 4º participou nunha nova xornada deportiva do Programa XOGADE.

Gracias a organización de AGRUDEBAM, máis de 200 nenos e nenas disfrutaron de Xogaloita no Pavillón Deportivo de Goián.

O longo da mañá participaron en diferentes xogos de iniciación á Loita e o Judo, que xa practicaran nas clases de Educación Física: Volta á tortilla, Loita de xeonllos, Roubar o balón, Coller a cola de cabalo ou Sogatira.

Un fermoso encontro deportivo para o alumnado de 7 centros escolares de Tomiño, O Rosal, Gondomar e Salceda de Caselas.

Vídeo e notas de prensa:

https://www.youtube.com/watch?v=oqyJvlA9Fwc

https://www.comarcasnarede.com/comarcas/baixo-mino/tomino/mais-de-220-escolares-de-primaria-acheganse-a-loita-en-goian/

https://www.farodevigo.es/comarcas/2024/04/09/ninos-baixo-mino-forma-gracias-100797659.html

 

O alumnado de 4º e 6º realiza a primeira xornada de multideporte!

 

O alumnado de 4º e 6º realizou o a primera xornada de multideportes no CEIP de Barrantes o 29 de xaneiro de 2024. 

Foi un encontro moi enriquecedor no que o alumnado participou en diferentes deportes.

Xa con ganas de que chegue a próxima!

 

 

 

  

 

 

 

Primeira Xornada Multideportiva do Curso 2023

Este luns día 4 o alumnado de 3º e 5º realizou a primeira xornada multideportiva do curso, que se levou a cabo no CEIP de Rebordáns.

Con esta xornada rematamos a primeira Unidade Didáctica do curso, onde vimos a iniciación a 5 deportes e predeportes.

A xornada foi un éxito, o alumnado de 3º experimentou por primeira vez esta dinámica coa que continuaremos ao longo do curso. 

Nesta saída contamos coa presencia de Joshua o noso auxiliar de conversa.

GOT TALENT

Unha nova edición do  Got Talent!!

 

GOT TALENT

O ALUMNADO DE PRIMARIA FIXO MOSTRA DAS SÚAS HABILIDADES,.AQUÍ TENDES UNHA MOSTRA

 

 

                                                     

 

Boot Camp EF 1º,2º,3º e 4º EP

1º Torneo de Quidditch 4º, 5º e 6º EP

Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de EP disputan en Educación Física o primeiro torneo de Quidditch do CEIP Plurilingüe de Tebra.

Distribuir contido


by Dr. Radut