SEMANA DO LIBRO
DURANTE A SEMANA DO LIBRO TIVEMOS MOITAS ACTIVIDADES
O DÍA 23 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO A COORDINADORA DO EQUIPO DE BIBLIOTECA ENTREGOU A CADA AULA O CADRENO VIAXEIRO, FROITO DA TAREFA QUE CADA NENA E NENO FIXERON TRAS TER NA SÚA CASA A MALETA VIAXEIRA. E FIXO ENTREGA DE UN PREMIO Á CLASE ELEXIDA GAÑADORA POR TER O MELLOR CADERNO.
DESPOIS FIXEMOS APADRIÑAMENTO LECTOR, ESTA É UNHA ACTIVIDADE QUE NOS ENCANTA; CADA ANO OS MAIORES FANSE MADRIÑAS E PADRIÑOS DOS MAIS PEQUENOS E ADICAN UN TEMPO A LERLLES. GÚSTA OS PEQUENOS E ÓS MAIORES.
O 30 DE ABRIL BUSCAMOS POLO PATIO OS LIBROS AGOCHADOS, ESTA CAZA DE LIBROS EMATOU FACENDO BIBLIO PATIO. CADA NENA E NENO LEVOU PARA A SÚA CASA O LIBRO QUE ATOPOU.
INVITAMOS ÁS FAMILIAS PARA PARTICIPAR CONTANDO HISTORIAS, VIVENCIAS, LEMBRANZAS... E DÚAS MAMÁS PARTICIPARON CONTANDO UN CONTO, SILVIA E ANA, QUE ADEMAIS NOS ENSINOU VARIAS CANCIÓNS.
PARA O VENRES 26 TIÑAMOS PLANEADO FACER UN BIBLIOPATIO PERO POR MOR DA CHUVIA TIVEMOS QUE TRANSFORMALA EN BIBLIOCORREDORES.
ADEMAIS, Ó LONGO DA SEMANA, FIXEMOS UN OBRADOIRO DE DECORACIÓN CON LIBROS MOI DETERIORADOS