Skip to Content

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DURANTE O TERCEIRO TRIMESTRE

DOBRAXE NA ESCOLA, obradoiro a cargo de Suso Pando.

Xoves 7 de abril, o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP curso participan non obradoiro titulado "Dobraxe na escola" con  Suso Pando  do grupo de teatro "Fulano, Mengano e Citano", que lles explicará como se fai a dobraxe dunha película.

Esta actividade está organizada polo concello de Tomiño e realizarase no centro

A RITMO DE CORAZÓN, percusión e danza africana. Para nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de EP, o xoves 14 de abril

Esta actividade está organizada polo concello de Tomiño  e realizarase no centro

AS ANDAZAS DE PAIO de Oviravai, espectáculo musical baseado no libro disco para nenas e nenos viaxeiros. Para nenas e nenos de educación infantil. Será o xoves 26 de maio, no auditorio de Goian

Esta actividade está organizada polo concello de Tomiño

 

SEMANA DA FROITA  do 18 ó 22 de abril e do 6 ó 10 de xuño

 

Ademais celebraremos o día do libro, o venres 22 de abril e o día das letras galegas o venres 13 de maio

 

Está pendente de confirmación a data de realización

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR  é un programa proposto pola Consellería do Mar e consiste nun taller en forma de pequeno teatro que dá a coñecer os aspectos saudables do seu consumo de  peixe e marisco.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA obradoiro onde nos ensinarán a facer bocatas con conservas do mar para logo comelos. É una iniciativa da Xunta de Galicia en colaboración con ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes).

TURONIA, os días 9 e 10 de nuño, para nenas e nenos de 6º

é unha experiencia de convivencia coa natureza e cas nenas e nenos doutros colexios de tomiño, cos que o comezo do novo curso coincidiran no instituto. é unha aventura de dous días

percorrendo diferentes espazos do concello.

a iniciación a esta aventura son o minituronia e o pequeturonia, para as nenas e nenos de infantil unha, o os restantes de primaria a outra

 



page | by Dr. Radut