Skip to Content

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR (DOG 1-9-15)

 

ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

 

-Axuda por importe de 50 euros por alumno/a que reúna os requisitos previstos nesta orde, cando a renda per cápita familiar no ano 2013 sexa igual ou inferior a 5.400 euros.

 

-Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados

 

-O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ,é dicir o  2 de outubro (pero canto antes se solicite moito mellor)

 

-As persoas beneficiarias do vale para a adquisición de material escolar poderán usalo no correspondente establecemento ata o día 31 de outubro de 2015 (este incluído)

 

*As familias que solicitaron axuda do Concello para material poden tamén solicitar a axuda que acaba de ser convocada pola Xunta sempre que a renda per cápita familiar no ano 2013 sexa igual ou inferior a 5.400 euros.

 

 

 

DOCUMENTACIÓN

 

 

 

 

O impreso de solicitude poden solicitalo no centro ou descargalo do arquivo adxunto

 

 

 

AdxuntoTamaño
ANEXO.pdf822.62 KB


page | by Dr. Radut