Skip to Content

Ciclismo escolar

O 1 de decembro recibimos a visita no cole de Oli, da Fundación Oscar Pereiro.Tódolos cursos puidemos gozar dunha mañá sobre rodas realizando un circuíto en bici no patio do cole. O circuíto realizámolo sen esquecer o casco, por suposto! Respectando, ademais, mellor que os adultos, as sinais de tráfico

Esta divertida xornada non sería posible sen a axuda da Fundación Oscar Pereiro, á que lle estamos enormemente agradecidos.

A continuación mostramos un enlace a páxina da fundación para que poidades ver algunhas fotos que fixo Oli. Facede clic sobre a imaxe para acceder ao enlace. 



page | by Dr. Radut