Skip to Content

DÍA DAS DIFERENTES CAPACIDADES

Esta semana o alumnado de 1º de E.P quixo facerlle unha homenaxe a todas as persoas do mundo. Conmemoraron o Día das Diferentes Capacidades o 3 de decembro. Entre as tarefas realizadas estiveron o visionado do conto "Unas gafas para Rafa", o contacontos "El libro negro de los colores" con multiples actividades sensoriais e a grabación do conto "Por cuatro esquinitas de nada". Como todas e todos somos cuadradito, animávosvos a velo no seguinte vídeo.

Agardamos que vos guste!

 

CO MOTIVO DO DÍA DA DISCAPACIDADE, O TRES DE DECEMBRO, EN INFANTIL PROPUXEMOS PARA ESA SEMANA VARIAS ACTIVIDADES, LEMOS OS CONTOS QUE NOS PROPUXO LEO, A MASCOTA DA BIBLIOTECA: BOLOBO EL LIBRO NEGRO DE LOS COLORES. PINTAMOS SEN USAR AS MANS, COMA BOLOBO, E PROBAMOS A FACER COUSAS SEN MIRAR, COMO TOMÁS.



page | by Dr. Radut