Responder ó comentario
Dia Internacional da dislexia: 8 de outubro.
Un dos trastornos de aprendizaxe máis comúns que afecta aos nenos e nenas en idade escolar é a Dislexia. Por isto, o 8 de outubro se celebra o Día Internacional da Dislexia, para concienciar á persoas acerca deste trastorno que afecta ao 10% da poboación mundial, según a Organización Mundial da Saúde (OMS).
¿Qué é?
Non todos presentan as mesmas características, nin na mesma intensidade, pero a dislexia pódese definir coma:
Unha dificultade conxénita, hereditaria, con unha base neurolóxica que a menudo forma parte dun problema de linguaxe máis profundo. Non pode ser explicada por deficiencias visuais ou auditivas, por trastornos emocionais ou condutuais, por déficit cognitivo, nin por situacións educativas como: ausencias prolongadas ou repetidas ás clases.
Ademáis das dificultades na linguaxe escrita, poden verse afectados outros aspectos, tales como: dificultades para seguir instruccións, confusión co vocabulario de orientación espacial e temporal, dificultades asociadas á discalculia (dificultade para realizar operacións matemáticas) e, en xeral, lentitude no el procesamento da información.
Como efectos secundarios, os nenos e nenas poden manifestar outros problemas coma: a falta de confianza, baixa autoestima, ansiedade, frustración, trastornos do sono...
¿Existen asociacións?
En Galicia contamos coa Asociación AGADIX, experta neste ámbito.
¿Qué facemos na escola?
A Consellería de educación elaborou un PROTOCOLO DE ATENCIÓN AO ALUMNADO CON DISLEXIA E/OU DIFICULTADES DE APRENDIZAXE.
¿Qué recursos existen?
Podedes atopar recursos para a dislexia no seguinte enlace: PREME AQUÍ.