curso 22/23
Co motivo do DÍA DO LIBRO, durante a semana do 24 ao 28 de abril, os nenos e nenas de sexto gravaron podcast nos que a literatura era o eixo principal. Para elo buscamos información sobre as orixes desta festividade.
Ademais, realizaron unha ardua tarefa de busqueda literaria na biblioteca onde tiveron que seleccionar unha serie de libros para recomendarlles ao resto dos nenos e nenas. Libros que tiñan que ser apropiados para a idade dos destinatarios. Ademais tiveron que explicar o por qué de cada unha das súas eleccións.
Por outra banda, deron renda solta a súa creatividade coa elaboración das súas historias en grupo nas cales a temática tiña que ser a literatura e debían ser apropiadas para tódolos públicos.
E o mellor de todo: retaron aos seus oíntes a través dun concurso no que ían dando pistas sobre un clásico da literatura e o resto das clases tiñan que descubrir de que obra se trataba.
Finalmente gravamos os podcast cos que aprendemos sobre a importancia de comunicar ben para chegar ao noso público.
Unha semana chea de aprendizaxes!!!
Pola conmemoración do dia do Libro, podcast martes 25 de abril. Os nenos e nenas de sexto recomendan libros para tódalas idades. Non te perdas a historia creada e narrada por eles " O libro da Constitución"
Pola conmemoración do dia do Libro, podcast mércores 26 de abril. Os nenos e nenas de sexto recomendan libros para tódalas idades. Escoitade esta historia misteriosa creada polo grupo Power Rangers.
Pola conmemoración do dia do Libro, podcast xoves 27 de abril, os nenos e nenas de sexto recomendan libros para tódalas idades. Aqui vos dieixan un curioso relato no que o espazo e o tempo se entremezclan.
Pola conmemoración do dia do Libro, podcast venres 28 de abril, os nenos e nenas de sexto recomendan libros para tódalas idades. Non te perdas este relato de creación propia: " Amor a primeira vista, parte dous".