A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DE SOBRADA DESÉXALLES UNHAS FELICES FESTAS
MATRÍCULA 2013-2014
Do 20 ó 30 de xuño está aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso académico 2013.2014. Podedes recoller os impresos no propio centro ou ben descargalos dos seguintes enlaces:
DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:
- Impreso de solicitude cuberto ( documentos 1-2 e 3 citados anteriormente )
- Certificado de empadroamento.
- Presentación do libro de familia e fotocopia da folla na que está inscrito o neno ou nena ( se non se entregou coa solicitude de admisión )
- DNI do neno/a se o posúe ( se non se entregou na solicitude de admisión )
- Dúas fotografías tamaño carné.
- Fotocopia da cartilla de vacinacións.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
A documentación entregarase na SECRETARÍA do centro en horario de seccretaría ou durante o recreo ( de 11:30 a 12 h )
HORARIO DE SECRETARÍA:
- Luns e martes de 9 a 9:50 h.
- Xoves e venres de 13:10 a 14 h.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES 2013-2014
Estes son os libros de texto e materiais curriculares que se van a precisar para o curso 2013-2014. Lembrar que a etapa de Educación Infantil non ten libros.
Tamén os podedes descargar facendo clic en LIBROS.
AXUDAS PARA MATERIAIS CURRICULARES, DIDÁCTICO E COMPLEMENTARIO
No DOG do 31 de maio, saiu publicada a Orde do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.
Facendo clic na imaxe tedes toda a información necesaria.
O prazo para solicitar ditas axudas vai do 3 de xuño ó 3 de xullo.
Podedes descargar o impreso para entregar no Centro facendo clic en IMPRESO.
De todos xeitos, este documento tamén está dispoñible no Centro Educativo.
MATRÍCULA 2013-2014
Se queredes descargar o impreso de admisión facede clic AQUÍ.
RESERVA DE PRAZA CURSO 2013-2014
A reserva de praza para o próximo curso será do 18 ó 22 de marzo.
Tedes máis información na Orde do 12 de marzo de 2013.
Lembrarvos o horario da Secretaría do Centro:
LUNS de 9 a 9:50 horas
MARTES de 9 a 9:50 horas
XOVES de 13:10 a 14 horas
VENRES de 13:10 a 14 horas
Se facedes clic en IMPRESO SOLICITUDE poderedes ver e descargar o impreso que hai que entregar no centro. Este impreso tamén estará dispoñible na nosa secretaría.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16