Skip to Content

2º ciclo

MATERIAL ESCOLAR 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2024-2025

Estimadas familias.

Benvidas a este novo curso 2024-2025!

Facilítolles o documento co material escolar. 

Ante calquera aspecto que non estea debidamente claro, non dubiden en consultarme.

Un saúdo.

Begoña

MATERIAL ESCOLAR 3º EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2022-2023

Estimadas familias.

Benvidas a este novo curso 2022-2023!

Facilítolles o documento co material escolar que tamén se lle entregará ao alumnado ao comezo das clases. 

Ante calquera aspecto que non estea debidamente claro, non dubiden en consultarme.

Un saúdo.

Begoña

VACACIÓNS 3º CURSO

Ola rapaces!!

Xa chegaron as vacacións!!

Parabéns polo gran traballo que realizáchedes ó longo de todo o curso. Agora é o momento de descansar e disfrutar do verán.

A todos aqueles que teñades as celebracións da 1º Comunión, deséxovos que sexa un día moi feliz e que o disfrutedes moito.

Déixovos nos arquivos adxuntos "recomendacións" para o verán, non son obrigatorias nin haberá que envialas por correo nin presentalas en setembro, pero sí son unha boa maneira de adicar un tempo para repasar o aprendido.

Pasade un moi bo verán e coidarse moito!!

Un bico enorme da vosa profe Otilia, vémonos en setembro!!

Actividades da semana do 15 de Xuño para 3º e 4º

Boas nenos e nenas,

Estamos no sprint final deste estraño curso, por iso esta semana soamente vou propoñer un xogo online.

Consiste nunha carreira de coches pero…. Para poder avanzar, tendes que clicar nos resultados correctos das multiplicación que vos aparecerán en pantalla!

O meu récord está en 50”, alguén poderá superalo? Agardo os vosos resultados.

https://www.arcademics.com/games/grand-prix

Agora toca a despedida, a pesar de estar moi pouco xuntos na aula, ao longo deste tempo fixemos unha morea de actividades tanto académicas coma lúdicas pero todas orientadas ao mesmo obxectivo: reforzar as vosas aprendizaxes. Supoño que algunhas vos gustaron máis ca outras… ;)

Quero agradecervos toda a vosa implicación, tanto ós nenos que xa  participaban no programa como aqueles outros que comezaron agora de forma voluntaria. Tamén quixera agradecer a inmensa labor das familias durante todo este período de formación dende a casa.

Espero que pasedes un bo e merecido verán de descanso.

 PS: anímovos a xogar ao Torneo de Bowser algún día para repasar no verán.

Unha aperta moi grande,

Mariña

Tarefa última semana 4º curso

Foi un curso moi atípico e complicado, pero esforzáchedesvos ao máximo coa axuda das vosas familias e por iso nos sentimos tan orgullosos polo gran traballo que realizáchedes. Parabéns!

Aínda así estou segura de que estabades desexando que chegase por fin o remate de curso e por iso a tarefa que teredes que facer esta semana é unha produción artística (debuxo, escultura con plastilina, montaxe de vídeo, papiroflexia...) de temática libre para que poidades expresarvos como vos apeteza. 

O venres poderedes visualizar as notas a través do AbalarMobil e tamén mandarnos unha foto para presumir de obras de arte ;)

Un bico e disfrutade do verán

xxx

Tarefas 3º curso, semana 15-19 Xuño

Ola rapaces!!

Parabéns polos contos da semana pasada, sodes grandes escritores e escritoras!!!

Xa chegamos á derradeira semana deste curso tan atípico. Para rematalo déixovos unha actividade no arquivo adxunto.

O venres 19 publicaranse as vosas merecidas notas.

 

Ánimo que xa rematamos!!

Un bico grande da vosa profe Otilia.

Tarefas 4º curso 8-12 xuño

Ola, nenos!

Xa estamos na recta final e temos en conta o esforzo que fixéchedes vós e as vosas familias tanto a nivel escolar como na desescalada. Estamos moi orgullosos do conseguido durante estes meses a pesar das dificultades.

Premede nos adxuntos para ver as tarefas desta semana.

Un bico de parte de todos os mestres

xxx

Actividades da semana do 8 de xuño para 3º e 4º

Boas nenos e nenas,

Estamos na recta final do curso e algúns de vós con preparativos para unha celebración moi importante.

Para esta semana imos ver un corte animado chamado "A viaxe das bolboretas", que atoparedes nesta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=ByEvTnIWcms

Despois de ver a película, hai una serie de preguntas no arquivo adxunto que teredes que facer e mandalas ao correo. (marinas@edu.xunta.gal)

Moito ánimo que xa non queda nada!

Unha aperta,

Mariña

Tarefas 3º curso, semana 8 a 12 Xuño

Ola rapaces!!

No arquivo adxunto están as  tarefas para esta semana. Tiven en conta que a maioría tedes a preparación para a Comunión pola mañá, e non chegan as horas do día para todo o que hai que facer. Ánimo que xa queda pouco!

Un bico e unha aperta da vosa profe!!

Distribuir contido


by Dr. Radut