Skip to Content

1º ciclo

LISTAXE DE MATERIAL 1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

Benvidos/as ao novo curso escolar!

Podedes descargar nos seguintes arquivos adxuntos as listaxes de material escolar correspondentes ao 1º e 2º curso de Educación Primaria. 

Saúdos,

As titoras de 1º e 2º curso.

Enquisa sobre equipamentos informáticos persoais.

Bo día familias,

Prégovos que cubrades a seguinte enquisa (é moi breve):

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSewNb39Wi7UEtRcn8jB3zlhWEAjS9u4aW5qFm6rd5anblqOyA/viewform?usp=sf_link

É, simplemente, para ter coñecemento dos recursos dixitais dos que dispoñedes e das nocións que tedes no uso das novas tecnoloxías. O obxectivo principal de esta enquisa é planificar o traballo ante unha posible situación de educación a distancia.


Un saúdo,

Helena 

okay

HORARIO AULA 2º PRIMARIA

Ola familias:

Podedes descargar no archivo adxunto o horario de 2º de Primaria para este curso escolar. Calquera dúbida podedes consultarma na reunión do próximo martes o polas canles que xa coñecedes tod@s.

Un saúdo e vémonos o martes.

A profe Chus.

LISTADO DE MATERIAL 2º DE PRIMARIA

Quero darvos a benvida a un novo curso un pouco atípico e inusual. 

Déixovos no arquivo adxunto o listado de material de 2º de primaria para este curso. Recordarvos que podedes aproveitar todo o material que poidades do curso pasado.

Nos vindeiros días colgarei tamén o horario da aula.

Informarvos tamén de que o próximo martes 15 de setembro as 17:00 terá lugar a reunión grupal para 2º de primaria.

Un saúdo.

A vosa titora Chus.

HORARIO 1º CURSO E.P.

Ola de novo familias!

 

debido a que deben reducirse ao máximo as comunicación en papel, aproveito tamén para incorporar o horario semanal dos vosos fillos e fillas.

 

Tamén podédelo atopar como arquivo adxunto ao pé da páxina por si o queredes imprimir.

 

Un saúdo,

 

A profe Helena.

LISTAXE DE MATERIAL:1º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Benvidas familias!

O meu nome é Helena e, este ano, vou a ser a titora dos vosos fillos/as (o luns día 15, na reunión que temos programada, xa nos coñeceremos en persoa). 

 

A continuación engádovos a listaxe do material que precisamos este ano; por un lado tedes o material que precisarán a nivel xeral (nas miñas materias) e por outro o material e as normas dos especialistas.

 

Se tedes algunha dúbida quedo a vosa disposición.

 

A profe Helena.

 

 NOTA: Tedes as imaxes da listaxe de material adxuntas (ao pé desta páxina) e as podedes abrir e descargar en alta calidade.

 

 

ACTIVIDADES PARA 1º PRIMARIA. SEMANA DO 15 AO 19 XUÑO

Ola familias:

Xa estamos na última semana do curso. Esta semana non hai tarefas. Só vos vou poñer dous contos para que logo fagades un debuxo do que máis vos guste e tamén uns enlaces a actividades interactivas para que estedes entretidos esta semana.

NON VOS ESQUEZADES DE SEGUIR LENDO DURANTE O VERÁN!!

O VENRES 19 PUBLICARANSE AS NOTAS POR ABALAR!!

Por si queredes repasar un pouquiño durante o verán e para que non teñades que comprar ningún libro de vacacións déixovos nos arquivos adxuntos un libro de repaso así como un de comprensión lectora por se o queredes utilizar.

Non é obrigatorio, só opcional!!

 CONTO: MAGO ROSA.

 CONTO: O GALO QUIRICO.

ACTIVIDADES INTERACTIVAS:

 https://vedoque.com/sec.php?s=1

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos

https://www.cokitos.com/category/juegos-para-ninos-de-6-anos/

 

DESÉXOVOS QUE DISFRUTEDES MOITO DO VERÁN E VÉMONOS CON MOITAS GAÑAS DE TRABALLAR EN SETEMBRO!!

Un bico e unha aperta enorme da vosa titora.

Chus.

ACTIVIDADES PARA 1º PRIMARIA. SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO.

Ola familias:

Xa só quedan dúas semanas de curso. No archivo adxunto tedes as tarefas para esta semana.

ESTA SEMANA XA NON  TEDES QUE ENVIAR AS TAREFAS !!

NON VOS ESQUEZADES DE SEGUIR LENDO TODOS OS DÍAS UN POUQUIÑO!!

Revisade tamén os blogues dos especialistas para ver as actividades que vos propoñen para esta semana.

Déixovos uns enlaces a uns videos para repasar os contidos desta semana que seguro recordaredes da clase.

CANCIÓNS PARA REPASAR O ABECEDARIO:

https://www.youtube.com/watch?v=OdGKb55gArA

https://www.youtube.com/watch?v=ZRj5uPoS32g

OS ANIMAIS.CLASES:

https://www.youtube.com/watch?v=U0Xd4ncssfA

OS ALIMENTOS. TIPOS:

https://www.youtube.com/watch?v=PaO8nU5VutM

RETO SEMANAL:

 Esta semana propóñovos un reto que consiste en adiviñar títulos de películas infantís con emojis. Podedes facelo en familia. A ver cantas películas descubrides!!

MOITA SORTE!

 Un saúdo e moitos bicos da profe Chus.

 

ACTIVIDADES PARA 1º PRIMARIA. SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO.

Ola familias:

Unha vez máis déixovos nos archivos adxuntos as tarefas para esta semana.

GUSTARÍAME QUE ESTA SEMANA ME ENVIARADES UN PEQUENO VÍDEO LENDO ALGO (EN GALEGO E EN CASTELÁN). QUERO VER O MOITO QUE MELLORÁSTEDES NA LECTURA!!

Quero tamén felicitar a todos os que participachedes no concurso de videocontos. Fixéchedelo de maravilla!!

Recordade tamén que o martes 2 de xuño en horario de 10:30 a 11:30 podedes vir a recoller o material dos vosos fillos ao centro. 

Lembrade tamén de entrar nos blogues dos especilistas para acceder as actividades que vos propoñen esta semana.

Aquí vos deixo algún vídeo para que repasedes os contidos das distintas tarefas:

AS PALABRAS CON MB/ MP:

https://www.youtube.com/watch?v=uQkRCbg-lAU

A ORIXE DOS ALIMENTOS:

https://www.youtube.com/watch?v=8WA44inYRf4

ADIVIÑAS E CANCIÓN DOS MEDIOS DE TRANSPORTE:

https://www.youtube.com/watch?v=cn03-Jrt4XM

https://www.youtube.com/watch?v=XXVc12lsiVw

Un saúdo e un abrazo enorme da vosa titora.

Chus

ACTIVIDADES PARA 1º PRIMARIA. SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO.

Ola familias:

Nos dous archivos adxuntos tedes as tarefas para esta semana.

NON VOS ESQUEZADES DE SEGUIR LENDO TODOS OS DÍAS UN POUQUIÑO!!

Revisade tamén os blogues dos especialistas para ver as actividades que vos propoñen para esta semana.

Tedes tamén na páxina principal da web uns videocontos feitos polas profes Vanessa e Noela. Esperamos que vos gusten moito!

Déixovos uns enlaces a uns videos para repasar os contidos desta semana que seguro recordaredes da clase e para poder facer sen dificultade as fichas que vos propoño nos archivos adxuntos.

OS NÚMEROS ORDINALES (matemáticas):

https://www.youtube.com/watch?v=Ax2kX0M5T64

COMPARACIÓN DE NÚMEROS ATA O 99 (matemáticas): recordades os símbolos que utilizabamos para comparar números? Mirade o seguinte vídeo para refrescala memoria.

https://www.youtube.com/watch?v=DaYOJ-JUdds

LOS ARTÍCULOS EL, LA, LOS, LAS ( lengua):

https://www.youtube.com/watch?v=8SbYJCBeeQ8

CANCIÓN DE REPASO DE ZA, ZO, ZU, CE, CI (lengua):

https://www.youtube.com/watch?v=rbTXlbkpaUw

LA SÍLABA, LA PALABRA Y LA ORACIÓN (lengua):

https://www.youtube.com/watch?v=_n4vMJOZQXs

CANCIÓNS PARA REPASAR AS PARTES DO CORPO (Ciencias Naturais):

https://www.youtube.com/watch?v=pOg6y-Q59eM

https://www.youtube.com/watch?v=71hiB8Z-03k

RETO SEMANAL: 

Como todas as semanas vos propoño un reto. Esta semana trátase de dous vídeos de adiviñas. A ver cantas sodes capaces de adiviñar?

Moita sorte!!!

 

Un bico enorme da vosa titora!!

Chus.

Distribuir contido


by Dr. Radut