Skip to Content

Libros de texto

Cheques material e libros e listaxes de fondolibros

Infórmaselles de que teñen á súa disposición os cheques de libros para os cursos de 1º e 2º de E. Primaria así como os cheques de material para todo o alumnado beneficiario de E. Primaria.

Poden recollelos en conserxería en horario de 09:00h a 14:00h dende hoxe ata o venres 28 de xuño e a partir do luns 2 de setembro.

Por outra banda, comunícaselles que hoxe foron publicadas as listaxes provisionais de Fondolibros para os cursos de 3º e 4º de E. Primaria. O venres previsiblemente publicarase a listaxe definitiva e farase entrega dos mesmos ao inicio da actividade lectiva no mes de setembro.

LBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

No documento adxunto poden consultar e descargar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2024-2025.

Banco Fondolibros e cheques axudas libros e material

Infórmase que foron publicadas as listaxes de admitidos para o empréstito de libros Fondolibros.

Por outra banda, os cheques de axuda para a adquisición de libros e material para o 1º e 2º ciclo de E. Primaria poderán recollerse a partir do 1 de setembro, en horario de 09:00h a 14:00h e os martes de 16:00h a 18:00h.

Un saúdo e bo verán

Libros de texto 2022-2023

Premer no arquivo adxunto para visualizar a listaxe de libros para o vindeiro curso 2022-2023.

APERTURA PRAZO FONDO LIBROS E MATERIAL PRIMARIA

Infórmase da apertura do prazo para solicitar axudas para adquirir libros de texto nos cursos de 1º e 2º de E. Primaria, a participación no fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria e para a adquisición de material escolar para a etapa de E. Primaria.

Poderán presentar as solicitudes dende o 19 de maio ata o 22 de xuño de forma presencial adxuntando o impreso ED330B, que poden descargar no arquivo anexo, ou ben vía electrónica na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para calquera aclaración poden consultar a convocatoria na Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto (dog nº 95 do mércores 18 de maio de 2022)ou ben dirixirse ao centro escolar.

PUBLICACIÓN PROVISIONAL FONDOLIBROS

Infórmase da publicación provisional da listaxe de admitidos e excluídos de Fondolibros. Os intersados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) no menú "Cidadáns".

O prazo de reclamacións será do 3 ao 6 de xullo, ambos inclusive, e publicarase a listaxe definitiva o mércores 7 de xullo.

VALES DE MATERIAL E LIBROS

O horario para a recollida dos vales será o seguinte:

1 e 2 de xullo: de 09:00h a 10:00h

A partir do 1 de setembro: todos os días de 09:00h a 15:00h e os martes de 09:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h.

Durante o mes de xullo atenderanse as urxencias a través do correo electrónico do centro ceip.sanbartolome@edu.xunta.es.

 

Libros de texto 2021-2022

Premer no adxunto para visualizar a listaxe. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut