RETOMAMOS AS ANDAINAS
A partires da vindeira semana, sempre que o tempo o permita, retomaremos as saídas pola contorna, dentro do programa VIDA ACTIVA E DEPORTIVA, coa finalidade de aumentar o nivel de actividade física do alumnado e favorecer hábitos de vida saudables e mellorar a capacidade física, para facer fronte a “outra pandemia” da sociedade actual: a obesidade e o sedentarismo.
Ao mesmo tempo, tratamos de coñecer a contorna de xeito lúdico.
Cada grupo sairá un día a semana nas seguintes quendas:
LUNS: 3º-4º MÉRCORES: 1º-2º VENRES: 5º-6º
Os rapaces deberán traer roupa e calzados axeitado, gorra e crema solar, especialmente os días solleiros e unha botella de auga