Actividades da semana do 15 de Xuño para 3º e 4º
Boas nenos e nenas,
Estamos no sprint final deste estraño curso, por iso esta semana soamente vou propoñer un xogo online.
Consiste nunha carreira de coches pero…. Para poder avanzar, tendes que clicar nos resultados correctos das multiplicación que vos aparecerán en pantalla!
O meu récord está en 50”, alguén poderá superalo? Agardo os vosos resultados.
https://www.arcademics.com/games/grand-prix
Agora toca a despedida, a pesar de estar moi pouco xuntos na aula, ao longo deste tempo fixemos unha morea de actividades tanto académicas coma lúdicas pero todas orientadas ao mesmo obxectivo: reforzar as vosas aprendizaxes. Supoño que algunhas vos gustaron máis ca outras… ;)
Quero agradecervos toda a vosa implicación, tanto ós nenos que xa participaban no programa como aqueles outros que comezaron agora de forma voluntaria. Tamén quixera agradecer a inmensa labor das familias durante todo este período de formación dende a casa.
Espero que pasedes un bo e merecido verán de descanso.
PS: anímovos a xogar ao Torneo de Bowser algún día para repasar no verán.
Unha aperta moi grande,
Mariña