Tarefa última semana 4º curso
Foi un curso moi atípico e complicado, pero esforzáchedesvos ao máximo coa axuda das vosas familias e por iso nos sentimos tan orgullosos polo gran traballo que realizáchedes. Parabéns!
Aínda así estou segura de que estabades desexando que chegase por fin o remate de curso e por iso a tarefa que teredes que facer esta semana é unha produción artística (debuxo, escultura con plastilina, montaxe de vídeo, papiroflexia...) de temática libre para que poidades expresarvos como vos apeteza.
O venres poderedes visualizar as notas a través do AbalarMobil e tamén mandarnos unha foto para presumir de obras de arte ;)
Un bico e disfrutade do verán
xxx