Tarefas escolares 4º curso 11-15 maio
Bo día, nenos!
Ademais das tarefas que enviamos nos arquivos adxuntos, esta semana queremos que fagades un mural recompilando toda aquela información que aprendíchedes sobre o proxecto dos plásticos ata o momento. Datos interesantes que recabáchedes, vocabulario específico, recomendacións xerais para reducir o plástico... incluso podedes achegar información sobre a noticia de Alejandra tamén.
Para a realización do mural podedes utilizar todo o material do que dispoñades: cartolina, rotuladores, pegamento, folletos explicativos... Esforzádevos para facelo, xa que para a vindeira semana imos continuar a traballar sobre este tema. O venres podedes enviar unha foto vosa co mural ao meu email e ao da profe Begoña.
Mans á obra, artistas!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LENGUA, SOCIAIS, MÚSICA semana 11-15 maio.pdf | 294.61 KB |
Tarefas 11-15 de maio.pdf | 176.26 KB |