ACTIVIDADES PARA 1º. SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL
Bos días a tod@s:
Aquí vos deixo as tarefas para esta semana.
IMPORTANTE: Non vos esquezades de ler todos os dÍas un pouquiño!!
MATEMÁTICAS:
1.- Recordades a casiña das familias dos números que temos na clase? Esta semana imos traballar a familia do 80. Completade a casiña e facede as fichas que vos propoño para repasar.
2.-- Aquí vos deixo un vídeo para explicar as sumas levando tal e como as explicariamos na clase e algunha ficha para que as practiquedes.
Dous videos máis para repasar a suma con levadas:
https://www.youtube.com/watch?v=eYpeu4Na3qc
https://www.youtube.com/watch?v=WPzUocqGOVA
CIENCIAS NATURAIS E SOCIAIS:
1.- Aquí tedes un vídeo cunha explicación das partes dunha planta. Facede despois a ficha adxunta.
Propóñovos a traves deste vídeo un experimento que podedes facer nas vosas casas para observar o proceso da xerminación das lentellas. En lugar dunha servilleta podedes utilizar algodón e o bote pode ser un envase de iogur.
2.-Facede tamén a ficha de repaso do tempo e das estacións do ano.
LINGUA CASTELÁN E GALEGA:
1.- Facemos as fichas que aparecen no archivo adxunto.
No archivo adxunto ademáis das fichas a realizar tamén vos indico as tarefas que quero que me enviedes ao longo da semana para levar un seguimento dos alumnos.
Lembrade tamén acceder aos respectivos blogues dos mestres especialistas para ver as actividades que vos propoñen cada un deles. Tedes tamén na páxina principal da web do centro unha actividade moi divertida para conmemorar os maios. Animádevos a participar nela!!
Un saúdo a tod@s. Moitos bicos.
A titora de 1º.
Chus
Adxunto | Tamaño |
---|---|
FICHAS 1º. SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL.pdf | 3.23 MB |
FICHAS PARA ENVIAR .SEMANA 27 AO 30 DE ABRIL.pdf | 1.96 MB |